O Martes, 17 de Novembro de 2009 21:02:55 Xosé Antonio Rubal López escribiu: > (supoño que se aplican a calquera sistema de control de versións). Case, con git ou hg haberá cousas diferentes, algunhas xa se teñen comentado.
* ancestor: antecesor [???] - Posibilidades: antecesor, ascendente, predecesor - Fai referencia a obxectos que pertencen a versións anteriores E antergo / devanceiro ? * Assertion: aserción - Aserto no glosario de Netbeans - No dicionario tamén aparece a variante 'aserción' - A forma maioritaria no corpus de Mancomún é 'aserción' Había algo de aserto por aí, iirc. * Baseline: [???] - Exemplos: "'%s' was not present on the baseline resource" - Suponse que se refire á versión inicial do recurso que metemos no control de versións Aínda que normalmente é a «liña de base», enténdese que pode ser tamén «de base» ou «inicial» * Blame: anotar [???] - Exemplos en Subversion: 'blame (praise, annotate, ann): Output the content of specified files or URLs with revision and author information in-line.'; 'blame of the WORKING revision is not supported'; - Realmente é culpar, uso irónico no caso de Subversión. Pódese optar pola solución máis neutra de 'anotar'. Eu isto púxeno como «autorías» * Chekout: descargar [???] obter [???] - Operación mediante a cal unha revisión se trae ao computador local. A copia local é a 'working copy' Obter a copia local inicial de traballo * Commit: confirmar/confirmación [???] - Solucións inconsistentes na tradución de Anjuta: actualizar, enviar, actualizar, remitir, efectuar - Sentido: a operación de commit envía os cambios locais ao servidor de versións de modo que queden asentados ou confirmados na rama de código correspondente. - En francés tradúceno por 'propagation'. É xusto a idea pero non sei se sonará forzado en galego Esta é a máis difícil, e abstéñome de dicir ren. * Corrupted: danado e corrompido / corrupto ? * Dump: volcar envorcar ! * Expiration date: data de vencemento - Exemplos en Subversion: 'Negative expiration date passed to svn_fs_lock' - No corpus de Mancomún hai equivalencias variadas: data de expiración, data de vencemento, data de caducidade, Data de vencemento acáiselle mellor á "maturity" dunha factura; paréceme mellor «data de caducidade» * External definition: referencia externa - Non se sabe moi ben a que definición se refire. A solución do francés parece máis clara. - Ex: "Invalid %s property on '%s': cannot use a URL '%s' as the target directory for an external definition" Isto non vai de repositorios externos ??? * Flag: marca; tamén indicador, bandeira - Marca é maioritaria no corpus de Mancomún En Debian: Indicador * Hook: hook [???] - Non hai equivalencia sinxela e que non despiste nun contorno técnico - Lit. anzó, gancho - No glosario de Mancomún aparece como 'asociar' - Sentido en Subversion: A hook is a program triggered by some repository event, such as the creation of a new revision or the modification of an unversioned property Anda, se mediante un destes é que se comproba a sintaxe dos ficheiros po tras cada entrega no repositorio de KDE!!! NPI, a verdade, pero tal vez poda ser algo relacionado con encravar (non sentido eléctrico de dous eventos asociados) * Obstruct: impedir, bloquear, obstruír Non podes escoller para obstruct unha tradución que se poda confundir coa de lock. * Overwrite, overwritten: sobreescribir Só leva un «e»: sobrescribir * Path: s.m. camiño Rota * Range: s.m. intervalo Nota: non, rango non ten nada que ver cun (), [),[] nin [], é unha cousa de escala social * Repository back-end (FS - file system): [???] - A idea é que o repositorio gárdase empregando o sistema de ficheiros (a través das bibliotecas de subversion). A outra alternativa é utilizar Berkeley DB. back-end: infraestrutura (entre outras) * Relocation: reubicación - Exemplos: 'invalid relocation'; ''%s' to '%s' is not a valid relocation' e iso non é un castelanismo? * RA layer: capa RA, capa de acceso ao repositorio - Non deberían utilizar a forma abreviada no código fonte, prohíbeo a súa propia guía de estilo, así que podemos desfacer a abreviatura. Infórmao como erro que é, xa que logo. * Root: administrador, root; raíz - Pódese deixar root? En realidade non hai ningún 'administrador' en /etc/passwd... por suposto! * schedule: s.f. programación [???] - Un pouco abstracta de máis para o contexto no que aparecen. Ex: ''%s' is scheduled for addition, but is missing' Con outros significados tamén pode ser planificación * subcommand: [???] suborde (e tamén o hook, non?) * Switch: [???] - Nin idea neste contexto - "Cannot reintegrate into a working copy with a switched subtree" - "Cannot both exclude and switch a path" Trocar? * Tag: marca - Reservamos 'etiqueta' para 'label' Ufffffffffff * Token: marca [???] signo [???] ficha [???] nome [???] identificador [???] Token * WC: abreviatura de working copy. Substituír pola forma estendida - Na guía de estilo de subversión prohibe expresamente utilizar siglas para 'working copy' e termos similares (http://subversion.tigris.org/hacking.html#error-messages, Don't use Subversion-specific abbreviations (e.g. use "repository" instead of "repo", "working copy" instead of "wc"). Parece que non lle fan moito caso... Igual que antes, informa do erro.
signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.

