Aquí estamos para comezar

http://www.certima.net/glosima/?32-subversion





2009/11/18  <cert...@certima.net>

Os termos pódeos introducir calquera usuario autorizado nese glosario. Fixeches 
a conta e agora dareiche os permisos
Respecto do procedemento está por inventar pero..

Parece obvio que primeiro se dá de alta unha proposta e logo discútese sobre ela, no fío de comentarios correspondente a cada entrada. A medida que se avanza nos estados desde "proposta" ata "fixada" o administrador/es do glosario correspondente van actualizando o estado administrativo, e os redactores van engadindo información á entrada.
Hai catro niveis

1. Mirón :-) pode consultar pero nada máis
2. Usuario , pode comentar pero non editar
3. Redactor, pode ademais introducir novos termos, traducións, definicións, etc
4. Administrador, decide sobre a xestión do glosario, altas de idiomas, 
categorías, usuarios, estados

Se che parece ben, abrimos un fío xa directamente en Glósima e así vai quedando 
como exemplo.

Antón
 



2009/11/18 Xosé Antonio Rubal López <xarubal...@gmail.com>
Ola,

Dinme de alta no Glósima pero non teño moi claro que hai que facer
agora. Preguntas:

- Quen introduce o glosario que estamos a discutir? Eu non teño
problema en facelo, aínda que non sei moi ben como...
- Cal é o procedemento para discutir as entradas e chegar a consenso?

Grazas.

2009/11/18  <cert...@certima.net>:
> Vai estar aquí... paro que xa non dou máis de min
>
> 
http://www.certima.net/glosima/spip.php?page=termos&id_glosario=Subversion
>
>
>
> 2009/11/17 Xosé Antonio Rubal López <xarubal...@gmail.com>
>>
>> Ola,
>>
>> Cachis no replay, non contestei á lista... Si, acepto. Espero logo a
>> abrir a discusión no Glósima e xa metemos as suxestións de Fran e
>> Marce.
>>
>> 2009/11/17  <cert...@certima.net>:
>> >
>> > Creo que paga a pena neste caso pasar a lista directamente ao 
sistema de
>> > xestión de discusión terminolóxica.
>> > Aínda que está para saír aínda a súa primeira versión, que é a 
que se
>> > montará en Trasno, creo que este caso que por un lado ten 
bastantes
>> > termos e
>> > por outro non son demasiados se axusta perfectamente para facer 
unha
>> > proba
>> > de funcionamento.
>> >
>> > Xosé, aceptas ?
>> >
>> > P.S
>> > www.certima.net/glosima
>> >
>> >
>> >
>> > 2009/11/17 Xosé Antonio Rubal López <xarubal...@gmail.com>
>> >>
>> >> Ola,
>> >>
>> >> Estiven facendo unha lista de dúbidas na tradución do 
Subversion
>> >> (supoño que se aplican a calquera sistema de control de 
versións).
>> >> Algúns deles non son dúbidas, simplemente os metín na lista 
para
>> >> fixalos e non andar cambiando de opcións ao longo da 
tradución.
>> >>
>> >> Como é bastante longo, opto por mandar o ficheiro de texto.
>> >> Agradécense opinións e, sobre todo, solucións ;-)!!!
>> >>
>> >> Saúdos. Xosé Antonio Rubal
>> >
>> >
>>
>>
>> --
>> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>
>


Attachment: signature.asc
Description: OpenPGP digital signature

Responderlle a