> Os termos pódeos introducir calquera usuario autorizado nese glosario.
> Fixeches a conta e agora dareiche os permisos
> Respecto do procedemento está por inventar pero..
>
> Parece obvio que primeiro se dá de alta unha proposta e logo discútese sobre
> ela, no fío de comentarios correspondente a cada entrada. A medida que se
> avanza nos estados desde "proposta" ata "fixada" o administrador/es do
> glosario correspondente van actualizando o estado administrativo, e os
> redactores van engadindo información á entrada.
>
> Hai catro niveis
>
> 1. Mirón :-) pode consultar pero nada máis
> 2. Usuario , pode comentar pero non editar
> 3. Redactor, pode ademais introducir novos termos, traducións, definicións,
> etc
> 4. Administrador, decide sobre a xestión do glosario, altas de idiomas,
> categorías, usuarios, estados

Ía haber cinco niveis, pero dous deles podemolos xuntar no de Redactor.

> Se che parece ben, abrimos un fío xa directamente en Glósima e así vai
> quedando como exemplo.

Responderlle a