Ola. Eu do fío saco a conclusión de que si, polo menos por agora:
plugin --> engadido add-on --> complemento extension --> extensión Así o vou aplicar como criterio na revisión do firefox. Non sei onde irá definitivamente esta revisión, pero a seguro que a Ubuntu-USC levará ista revisión. A min gustame e a outra opción sería que fora sen traducir, pero como a nova versión de GNOME vai levar esa tradución, para manter a homoxeneidade tamén a vou aplicar na revisión do Firefox. Ao final tampouco levaría moito traballar aplicar o cambio se se acorda outra cousa. Saúdos. 2010/2/18 damufo <[email protected]>: > > > En 2010/02/18 12:51, Leandro Regueiro escribiu: >>>>> >>>>> Como que plugin = complemento?? Quedarase onde vai xa en traducilo >>>>> como "engadido". >>>> >>>> >>>> http://www.trasno.net/lurker/thread/20080627.172857.9ceae726.gl.html#20080627.172857.9ceae726 >>>> >>>> >>> >>> Acabo de lerme o fío enteiro e extraio as seguintes conclusións (para >>> o día de hoxe). Realmente é o único punto no que discrepo fondamente >>> dos criterios aplicados na revisión de Gnome (segundo o informe >>> enviado por Fran) >>> >>> - non hai suficiente claridade nin suficiente acordo. Non se chegou a >>> definir o que é o concepto plugin (o concepto xeral, non as súas >>> concrecións). >>> - non ten ata agora implantación consistente, nin tradición en galego >>> neste uso, nin ten en conta as escollas consistentes de dous dos >>> grandes proxectos (Gnome, Mozilla) >>> - non se toman en conta moitas outras fontes de tradución de software, >>> pasadas e presentes (so o gl glosario de Trasno). >>> - non houbo un estudo doutras alternativas como a non tradución, >>> outras palabras quizais máis acaídas como "módulo", etc >>> - non hai valoración da calidade lingüística de "engadido" como >>> substantivo (diferente ao de plug in> conectar, en que si) >>> - non se considerou a necesaria "solidariedade" e homologación coas >>> demais linguas románicas nin peninsulares >>> >>> Con todo isto, e salvando que un tradutor individual pode tomar o >>> camiño que considere máis adecuado ao seu caso, non estou de acordo en >>> que neste caso haxa consenso xeral de tradutores. Non é un termo menor >>> e creo que se debe discutir moito máis, ao final, se non se fai, non >>> teremos tampouco argumentos se o digalego ou o Termigal ou o digatic >>> ou calquera "decide" calquera barrabasada. >> >> Mentres non haxa esa discusión en serio teremos que traducilo dalgún >> xeito. >> >> > Efectivamente, por iso o discutimos e acordamos esa tradución. Iso no quita > que se reabra o tema, pero despois de todo o que se discutiu, neste momento > é o que hai. > > > -- > To unsubscribe, send mail to [email protected]. >

