Vai longo... tamén
2010/2/13 Miguel Bouzada <[email protected]>: > > > 2010/2/13 Antón Méixome <[email protected]> >> >> Achego a miña proposta para todos os erros que comentas > > Unha cousa.... About → Sobre ??? non está no glosario como "Acerca de(...)" > ?? Creo que nunca se discutiu. Estará "Acerca de" porque é a que máis se utilizou nos corpus consultados para facelo, non por recomendada. "Acerca de" é correcta desde un punto de vista normativo; tamén se utiliza en moitos casos "Sobre". http://en.gl.open-tran.eu/suggest/about E non digamos en Ws http://sli.uvigo.es/CLUVI/cluvi.php?logalizaL1=about&logalizaL2=&direccionconsulta=en-gl-logaliza Entre as dúas, considero máis natural (e menos calco, menos sospeitoso dun castelanismo como "acercar" ) utilizar "Sobre" aínda que, sendo sincero... a min a que tira é "Verbo de" porque considero que esta fórmula "marca" a galeguidade da localización de "About", insisto "localización e non só tradución". Pero non é a única alternativa, claro http://sli.uvigo.es/dicionario/dic.php?cadea_busca=about&lingua_busca=en&tipo_busca=exacta En resumo, é a miña proposta e para que haxa un consenso hai que presentar o caso. Sigo > > Launch application --> Iniciar aplicación --> Executar a aplicación --> > Lanzar o aplicativo Lanzar contra quen ou cara onde?, IMHO executar Lanzar o aplicativo "sobre o escritorio". Creo que hai consenso en reservar executar para "run", en todo caso prefiro "iniciar", "arrancar". IMHO non vexo nada estraño en "Lanzar un produto", "Lanzar unha campaña", "Lanzar unha discusión"... En linguaxe xurídica adoita empregarse "executar o lanzamento" para o acto de botar a alguén dalgún sitio. Ten moitos valores e matices e non ten ningún outro uso no campo informático. Xa é discutible o feito de termos executar para "run" e para "execute"... se agora lle metemos tamén "launch", non o vexo ben. Nós tamén deberiamos distinguir entre "executar" e "lanzar". > > Delete --> Eliminar --> Eliminar ??? Borrar, Remove → eliminar ?? Concordo, hai que discutilo e acordar algo estable. A tendencia actual é a traducir en ambos casos como "eliminar". Abunda moito máis "delete=eliminar", así que por economía eu diría así: Delete > Eliminar ? Remove > Borrar ? > > As abreviaturas tipo URL deberían ir sempre en maiúsculas, non si? --> > sempre (e sen plural con -s-) Seguro que os acrónimos son pluralizables dese > xeito ??? , facemos como na guia de gnome a "español neutro" ? > > ... La proliferación de siglas para designar elementos y objetos en > documentos técnicos nos fuerza, en algunos casos, a utilizar plurales de > siglas porque no es posible añadir un artículo que aclare el número del > sustantivo (las TRFU, unas TRFU). En esos casos, nos saltamos la regla > académica (dada la extensión que tendrían nuestras traducciones si lo > hiciéramos y agregar una s minúscula al final de la sigla para formar el > plural (TRFUs). > Ô_Ô > Estou totalmente en contra de cousas como os *URLs, os *TDTs, tipos de *RAMs, etc... non credes? O número dunha sigla é perfectamente claro a través do artigo, malia o que opinen os de Gnome español; e cando non hai artigo nin determinante ningún xa é o contexo o que nos indica cal é o caso. Moitos substantivos (as siglas son só un tipo de substantivo) son invariables ou aparentemente invariables tanto en xénero como en número, é algo habitual. Engadir un "s" é un anglicismo sen xustificación. Cantas veces máis haberá que discutilo? No xénero O/a visitante (visitanta/visitanto?) O/a soldado (soldada?) O/a terapeuta (terapeuto?) No número As gafas (a gafa?), sempre en plural (iso en lingüística chámase "singularia pluralia tamtum") A/As ONG Unha UTE, as UTE A/AS PEME Nos USA ("states", en plural), e resulta irregular dicir "En USA" O mesmo pasa coas abreviaturas As CC.AA. (CC.AA.s ?), pero é o mesmo caso que as siglas En CC.OO. (lido "comisións" en plural) A min paréceme grave tomar unha decisión normativa como a dos españois. Unha cousa é consensuar unha norma cando non a hai no idioma e outra rompela. Podo aceptalo no uso oral e informal pero non como criterio ortográfico de tradución técnica. Por certo, que veñen sendo as *TRFUs ? Porque San Guguel dime "Quizás quiso decir: TRIFUs " >> >> >> >> 2010/2/12 Enrique Estévez Fernández <[email protected]>: >> > Boas a tod@s. >> > >> > Creo que esta mensaxe correspondería ter lugar noutra rolda, pero non >> > sei exactamente en cal e tampouco teño tempo para andar metido en >> > todas as roldas. >> > >> > Antes de nada poñovos ao día. Como ao mellor xa sabedes, a OSL da USC >> > decidiu colaborar de forma máis activa no proceso de normalización das >> > TIC no campo do Software Libre mentres non se acaba de redefinir a >> > nova situación ou panorama para coordinar e levar adiante o traballo >> > nos diferentes proxectos. >> > >> > A OSL da USC xa presentou o seu plano operativo a SXMIT e nel >> > incluíase a preocupación porque se continuara con esta labor e >> > planificouse a colaboración na tradución dos proxectos GNOME e Ubuntu. >> > En principio a maior parte do tempo vaise a adicar as versións que >> > saen agora tanto de GNOME (a 2.30) e a versión LTS de Ubuntu (a >> > 10.04). A OSL tamén continuará coa labor da tradución do NetBeans, na >> > que se espera darlle un bo pulo a versión 6.9 que sae no mes de xuño. >> > >> > A OSL tamén está a ollar/colaborar/revisar outros proxectos, xa que no >> > seu compromiso coa USC, a personalización e/ou adaptación da >> > distribución de GNU/Linux Ubuntu para USC (coñecida como Ubuntu-USC e >> > que xa se está a implantar nalgunha aula) ten que permitir o seu uso >> > en galego (a USC ten un forte compromiso co galego que se reflicte na >> > elección como idioma institucional da universidade). >> > >> > No me lío máis. Pois neste proceso de revisión, tocoulle ao Firefox e >> > encontrei algunhas posibles fallas de uniformidade nas traducións, >> > outras nas que dúbido que a tradución sexa correcta e por último >> > determinadas traducións que creo que non están a seguir os criterios >> > de consenso que a comunidade establecou ou está a establecer no día a >> > día. Simplemente vou a resaltar o que máis me chocou de todos para dar >> > constancia do mesmo: proxy server --- servidor mandatario (eu sempre o >> > traducín por servidor proxy e creo que a situación a día de hoxe non >> > cambiou e pareceme que non é axeitado e menos senón se chegou a un >> > consenso). >> > >> > Anexo un ficheiro .txt coas cadeas que levo marcado e que serían >> > revisadas e no seu momento correxidas se fixera falta para levar >> > integradas na nova versión da Ubuntu-USC que se basaría na 10.04 de >> > Ubuntu e que sería instalada en máis de 500 equipos das aulas de >> > informática para o vindeiro curso na USC. >> > >> > Gustaríame que entre todos decidamos as traducións axeitadas para esas >> > cadeas a fin de poder subsanar ditos erros e avisar a quen estea a >> > cargo do proxecto e a súa comunidade de tradución. Esta revisión que >> > se está a facer, é unha revión moi por riba e que simplemente intenta >> > conseguir un mínimo de calidade e cumprimento dos consensos acadados >> > pola comunidade galega de tradución. >> > >> > Espero que non moleste este correo tan longo e que a mellor non >> > procede nesta rolda. Simplemente dar aviso dos posibles erros na >> > tradución do Firefox que detectou a OSL da USC. >> > >> > Saúdos. >> > > > > > -- > Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx, > .ppt, .pptx > > Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO > (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/ > > Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala > [email protected] >

