>>> Como que plugin = complemento?? Quedarase onde vai xa en traducilo >>> como "engadido". >> >> http://www.trasno.net/lurker/thread/20080627.172857.9ceae726.gl.html#20080627.172857.9ceae726 >> >> > > Acabo de lerme o fío enteiro e extraio as seguintes conclusións (para > o día de hoxe). Realmente é o único punto no que discrepo fondamente > dos criterios aplicados na revisión de Gnome (segundo o informe > enviado por Fran) > > - non hai suficiente claridade nin suficiente acordo. Non se chegou a > definir o que é o concepto plugin (o concepto xeral, non as súas > concrecións). > - non ten ata agora implantación consistente, nin tradición en galego > neste uso, nin ten en conta as escollas consistentes de dous dos > grandes proxectos (Gnome, Mozilla) > - non se toman en conta moitas outras fontes de tradución de software, > pasadas e presentes (so o gl glosario de Trasno). > - non houbo un estudo doutras alternativas como a non tradución, > outras palabras quizais máis acaídas como "módulo", etc > - non hai valoración da calidade lingüística de "engadido" como > substantivo (diferente ao de plug in > conectar, en que si) > - non se considerou a necesaria "solidariedade" e homologación coas > demais linguas románicas nin peninsulares > > Con todo isto, e salvando que un tradutor individual pode tomar o > camiño que considere máis adecuado ao seu caso, non estou de acordo en > que neste caso haxa consenso xeral de tradutores. Non é un termo menor > e creo que se debe discutir moito máis, ao final, se non se fai, non > teremos tampouco argumentos se o digalego ou o Termigal ou o digatic > ou calquera "decide" calquera barrabasada.
Mentres non haxa esa discusión en serio teremos que traducilo dalgún xeito.

