2010/2/13 Antón Méixome <cert...@certima.net>

> Achego a miña proposta para todos os erros que comentas
>

Unha cousa.... About → Sobre ??? non está no glosario como "Acerca de(...)"
??

Launch application --> Iniciar aplicación --> Executar a aplicación -->
Lanzar o aplicativo Lanzar contra quen ou cara onde?, IMHO executar

Delete --> Eliminar -->  Eliminar ??? Borrar, Remove → eliminar ??

As abreviaturas tipo URL deberían ir sempre en maiúsculas, non si? -->
sempre (e sen plural con -s-) Seguro que os acrónimos son pluralizables dese
xeito ??? , facemos como na guia de gnome a "español neutro" ?

*... La proliferación de siglas para designar elementos y objetos en
documentos técnicos nos fuerza, en algunos casos, a utilizar plurales de
siglas porque no es posible añadir un artículo que aclare el número del
sustantivo (las TRFU, unas TRFU). En esos casos, nos saltamos la regla
académica (dada la extensión que tendrían nuestras traducciones si lo
hiciéramos y agregar una s minúscula al final de la sigla para formar el
plural (TRFUs).*
Ô_Ô


>
>
> 2010/2/12 Enrique Estévez Fernández <e...@keko.me>:
> > Boas a tod@s.
> >
> > Creo que esta mensaxe correspondería ter lugar noutra rolda, pero non
> > sei exactamente en cal e tampouco teño tempo para andar metido en
> > todas as roldas.
> >
> > Antes de nada poñovos ao día. Como ao mellor xa sabedes, a OSL da USC
> > decidiu colaborar de forma máis activa no proceso de normalización das
> > TIC no campo do Software Libre mentres non se acaba de redefinir a
> > nova situación ou panorama para coordinar e levar adiante o traballo
> > nos diferentes proxectos.
> >
> > A OSL da USC xa presentou o seu plano operativo a SXMIT e nel
> > incluíase a preocupación porque se continuara con esta labor e
> > planificouse a colaboración na tradución dos proxectos GNOME e Ubuntu.
> > En principio a maior parte do tempo vaise a adicar as versións que
> > saen agora tanto de GNOME (a 2.30) e a versión LTS de Ubuntu (a
> > 10.04). A OSL tamén continuará coa labor da tradución do NetBeans, na
> > que se espera darlle un bo pulo a versión 6.9 que sae no mes de xuño.
> >
> > A OSL tamén está a ollar/colaborar/revisar outros proxectos, xa que no
> > seu compromiso coa USC, a personalización e/ou adaptación da
> > distribución de GNU/Linux Ubuntu para USC (coñecida como Ubuntu-USC e
> > que xa se está a implantar nalgunha aula) ten que permitir o seu uso
> > en galego (a USC ten un forte compromiso co galego que se reflicte na
> > elección como idioma institucional da universidade).
> >
> > No me lío máis. Pois neste proceso de revisión, tocoulle ao Firefox e
> > encontrei algunhas posibles fallas de uniformidade nas traducións,
> > outras nas que dúbido que a tradución sexa correcta e por último
> > determinadas traducións que creo que non están a seguir os criterios
> > de consenso que a comunidade establecou ou está a establecer no día a
> > día. Simplemente vou a resaltar o que máis me chocou de todos para dar
> > constancia do mesmo: proxy server --- servidor mandatario (eu sempre o
> > traducín por servidor proxy e creo que a situación a día de hoxe non
> > cambiou e pareceme que non é axeitado e menos senón se chegou a un
> > consenso).
> >
> > Anexo un ficheiro .txt coas cadeas que levo marcado e que serían
> > revisadas e no seu momento correxidas se fixera falta para levar
> > integradas na nova versión da Ubuntu-USC que se basaría na 10.04 de
> > Ubuntu e que sería instalada en máis de 500 equipos das aulas de
> > informática para o vindeiro curso na USC.
> >
> > Gustaríame que entre todos decidamos as traducións axeitadas para esas
> > cadeas a fin de poder subsanar ditos erros e avisar a quen estea a
> > cargo do proxecto e a súa comunidade de tradución. Esta revisión que
> > se está a facer, é unha revión moi por riba e que simplemente intenta
> > conseguir un mínimo de calidade e cumprimento dos consensos acadados
> > pola comunidade galega de tradución.
> >
> > Espero que non moleste este correo tan longo e que a mellor non
> > procede nesta rolda. Simplemente dar aviso dos posibles erros na
> > tradución do Firefox que detectou a OSL da USC.
> >
> > Saúdos.
> >
>



-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Responderlle a