Boas,

hoxe púxenme á faena e veño con unhas cantas dúbidas.

Unha das tarefas do instalador de debian é configurar as locales. Que non 
soupen como traducir, así que o deixei como 'locale'. Lendo as traducións xa 
feitas vin que en certos contextos se pon como 'configuración local', algo 
que na maioría de estos contextos non parece todo o preciso que debería ser. 
Que opinades?
Decidín por agora usar 'locale' ( e usalo e feminino, que nas traducións 
existentes tampouco había consenso).

Atopei tamén "América do sul". Ó parecer eso é así en portugués, pero non 
atopei 'sul' en ningún diccionario galego. Esto está así por algunha razón? 
podo cambialo por 'sur' sen que ninguén me diga nada?

Por último (polo de agora) hai un campo que di: "unusable", con comentario que 
di que está limitado a oito caracteres. Puxen "inusable", inda que non está 
no diccionario. Non se me ocorreu nada mellor.

E pregunta extra, esta técnica: as liñas cos textos anteriores nas cadeas 
marcadas como 'fuzzy' (que empezan por #| msgid "...") deberían ser borradas?
Saúdos.

O Xoves, 17 de Xuño de 2010 ás 12:09:15 Leandro Regueiro escribiu:
> 2010/6/17 Fran Dieguez <listas en mabishu.com>:
> > 2010/6/17 Antón Méixome <certima en certima.net>
> >
> >> 2010/6/16 Jorge Barreiro <yortx.barry en gmail.com>
> >>
> >>> Ola a todos,
> >>>
> >>> son un usuario de debian dende fai tempo, e sempre me gustou poder
> >>> escoller "galego" dende case o principio de todo. Por eso, ainda que xa
> >>> levaba tempo pensando en participar en esto en algún momento, me
> >>> decidín a
> >>> entrar agora que a opción de galego corre perigo de non estar presente
> >>> en Squeeze.
> >>>
> >>> Ainda que me gustan as linguas en xeral, e o galego en particular, non
> >>> son un
> >>> experto nin nada que se lle pareza. Nin sequera son de letras, son
> >>> programador. Así que a ver cómo se me da esto.
> >>
> >> Daráseche ben, respecto da lingua tes en Trasno o apoio que precises.
>
> Como xa che comentaron a maior parte da xente de Trasno non é de letras.
>
> >>> Polo de agora estou lendo a información que tendes na páxina
> >>> trasno.net, despois tentarei comenzar a traducir e seguramente volva a
> >>> vós para pedir opinión e consello.
> >>>
> >>> Si alguén máis quere colaborar na tradución de debian (lin por ahí que
> >>> sí)
> >>> podemos coordinar esforzos, se non tentarei comenzar eu só.
> >>
> >> Seguro que cun pouco de tempo haberá máis xente que se anime. Ademais de
> >> traducir vas ter que asumir o labor de reclutar máis voluntarios :-)
> >>
> >> Benvido e boa faena.
> >
> > Benvido ao grupo Jorge,
> >
> > únome aos ánimos de todos, pola miña parte simplemente recordar que podes
> > consultar calquera dúbida por esta rolda.
>
> Eu sempre tiven ganas de meterme en Debian, pero a falta de tempo e
> que houbera outra xente xa traballando por alí fixo que nunca me
> puxera a elo.
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto en trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Responderlle a