Benvida!
En 02/05/2013 10:37, Luz escribiu:
Bo día!
Levo xa algún tempo subscrita á lista de correo, mais por unha cousa
ou por outra aínda non me decidira a presentarme. Chámome Luz, son
filóloga e gustaríame colaborar nalgún(s) dos proxectos de tradución.
Teño algo de experiencia na tradución do inglés ao galego (aínda que
non moita), e traducín tamén algunha páxina web desde o español. Non
teño preferencia por ningún proxecto en especial, non sei se me
poderiades orientar un pouco sobre por onde empezar... (un proxecto
que consideredes máis axeitado para comezar, algún que teña poucas
persoas voluntarias ou que teña especial présa etc.).
Unha das cousas que máis me botou para atrás á hora de me decidir foi
que non dispoño de moito tempo, mais cheguei á conclusión de que se
esperaba por ter tempo non empezaría nunca, así que intentarei facer o
que poida :)
Un saúdo!
--
Luz
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto