Tanto Antón como Leandro déronche unha boa imaxe do 'traballo'. Con calma, paciencia e para calquera dúbida tanto estamos pola lista como por mensaxería para che axudar.
Suxiroche que dentro de Ubuntu e de primeiras escollas algún aplicativo que teñas empregado ou teñas a ollo, por iso da terminoloxía coa que te atoparás. Máis que benvida! 2013/5/2 Leandro Regueiro <[email protected]> > 2013/5/2 Luz <[email protected]>: > > Ola, Antón, > > Moitas grazas pola benvida. A verdade é que eu xa tiña a sospeita de que > > moitos/as filólogos/as por aquí non habería, aínda que esperaba que > algún si > > :) > > Creo que me das razóns máis que suficientes para que Ubuntu sexa un bo > > proxecto polo que comezar, especialmente porque teño bastante medo a > meter a > > zoca ao principio, e tranquilízame un pouco que non haxa moitas tarefas > > administrativas e que poida ser un proceso titorizado. Ademais, se o > grupo > > está decaído e aínda así mantén unha cobertura tan alta, espero poder > > contribuír a alixeirar un pouquiño a carga de traballo do resto de > membros, > > que non debe ser pouca. > > Así que, pola miña parte, encantada de me iniciar en Ubuntu. > > Ola Luz, e benvida. > > Nunca nos sobrou xente, e agora non é diferente, así que a túa axuda é > moi apreciada. E aínda máis agora que algúns de nós dispoñemos de > menos tempo para traducir. > > Respecto do que comentas «de meter a zoca», non te preocupes. De feito > o raro sería que non a meteras. Podo asegurarche que despois de levar > case 10 anos traducindo eu aínda meto a zoca de cando en vez, pero no > Proxecto Trasno hai máis xente e a veces indícannos os erros. > > Ademais podo comentarche que comezar a traducir pode esixir un pouco > de traballo, e como di Antón, unha vez iniciado o labor o principal é > a constancia. En todo caso se consegues superar ese período inicial, e > no cal intentaremos axudarche, o labor de tradución vólvese máis > sinxelo. > > Tamén dispoñemos de algunha ferramenta que nos permite realizar > revisións automáticas das traducións para detectar algúns erros > comúns, pero poñemos especial énfase en intentar facer as traducións o > mellor posible, porque aínda que se dependa de ferramentas desta caste > despois hai que corrixir os erros, o que implica perder o dobre de > tempo. > > Respecto da ferramenta web, normalmente os que levamos un tempo > traducindo non as empregamos xa que nos é máis cómodo empregar outro > tipo de ferramentas que nos permiten máis liberdade. Pero para unha > persoa que está comezando axéitanse ben. Se dentro dun tempo aínda > continuas por aquí, e o volume da túa contribución non é pequeno, > igual queres cambiar a algunha destas ferramentas CAT. Pero non > poñamos o carro diante dos bois :) > > De novo benvida ao Proxecto Trasno. > > Agardo que alguén que dispoña de máis tempo ca min agora mesmo che > indique como comezar. Se che xurde algunha dúbida, por parva que > poidas pensar que é, pregunta. É preferible resolver as dúbidas pronto > e que non te frustres nada máis comezar. > > Deica > > > 2013/5/2 Antón Méixome <[email protected]> > >> > >> 2013/5/2 Luz <[email protected]>: > >> > Bo día! > >> > Levo xa algún tempo subscrita á lista de correo, mais por unha cousa > ou > >> > por > >> > outra aínda non me decidira a presentarme. Chámome Luz, son filóloga e > >> > gustaríame colaborar nalgún(s) dos proxectos de tradución. > >> > Teño algo de experiencia na tradución do inglés ao galego (aínda que > non > >> > moita), e traducín tamén algunha páxina web desde o español. Non teño > >> > preferencia por ningún proxecto en especial, non sei se me poderiades > >> > orientar un pouco sobre por onde empezar... (un proxecto que > >> > consideredes > >> > máis axeitado para comezar, algún que teña poucas persoas voluntarias > ou > >> > que > >> > teña especial présa etc.). > >> > Unha das cousas que máis me botou para atrás á hora de me decidir foi > >> > que > >> > non dispoño de moito tempo, mais cheguei á conclusión de que se > esperaba > >> > por > >> > ter tempo non empezaría nunca, así que intentarei facer o que poida :) > >> > Un saúdo! > >> > > >> > -- > >> > Luz > >> > >> > >> Ola Luz, > >> Douche unha calorosa benvida. > >> > >> Eu tamén son un filólogo un pouco estrañado de non atopar máis colegas > >> colaborando por aquí. > >> > >> Ninguén dispón de moito tempo, todos andamos aproveitando momentos, > >> tempadas e así. > >> > >> Propóñoche que te inicies en Ubuntu por varias razóns. > >> > >> - De aquí a 1 ano sairá a nova versión LTS (que dura 5 anos en > >> servizo). Podes traballar con calma e o traballo aproveitarase durante > >> moito tempo. > >> - Traduces moi comodamente nunha plataforma en liña, sen ter que > >> preocuparte de ferramentas CAT (tamén sen as súas vantaxes) e que > >> permite consultar como traduciron cada cadea noutros idiomas, que > >> sempre axuda. > >> - Temos aí un grupo, o Ubuntu Galician Translators que está moi > >> decaído pero que sostén un nivel moi alto de cobertura (98%) polo que > >> se pode levar aos poucos, e cun pouco de cariño sairá ben. > >> - Permite ser titorizado (xa que hai dous roles: tradutor e revisor, > >> para a túa tranquilidade. > >> - As tarefas "administrativas" do proxecto son case nulas, só traducir > >> e afinar estilo. > >> - É o sabor de Linux máis popular e accesible, e utilízase e > >> utilizarase nas tres universidades galegas para as aulas > >> informatizadas. > >> - É un proxecto que ten unha vertente de dinamización, divulgación moi > >> importante: vídeos, cartelaría, quedadas, etc. polo que a medida que > >> vas participando, podes ir combinando outro tipo de galeguizacións non > >> só da interface do software. > >> > >> O único que necesita realmente é constancia. > >> > >> Se che parece ben podo iniciarte. > >> > >> Antón Méixome > >> > >> > >> > >> > >> > _______________________________________________ > >> > Proxecto mailing list > >> > [email protected] > >> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > >> > > >> _______________________________________________ > >> Proxecto mailing list > >> [email protected] > >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > > > > > > > > > -- > > Luz > > _______________________________________________ > > Proxecto mailing list > > [email protected] > > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

