2013/11/20 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>>>> Habería que mirar o de password->clave (de acceso). O dicionario da RAG 
>>>> teno
>>>> moi claro, polo que habería que contactar XA coa RAG para que ou o muden 
>>>> (se
>>>> é que é un erro, tal como Antón sostén) ou senón temos que mudalo nós canto
>>>> antes. Non pode ser que sigamos o RAG e volga para todo menos para isto que
>>>> está claramente indicado no dicionario RAG.
>>>
>>> Enviarase unha mensaxe, pero a veces responden e a veces non. Este
>>> domingo envieilles tres ou catro mensaxes e respondéronme a tres.
>>> Acabo de enviarlles a pregunta de novo a ver se hai sorte e responden.
>>>
>>> Por certo, de aceptar isto tería que ser "clave de acceso". "clave" non
>>> valería.
>>>
>>> E para que quede claro, sigo sendo un full-supporter de "contrasinal" :)
>>
>> Pero se a RAG (mentres non se demostre o contrario) é CLARAMENTE
>> "full-supporter" de "clave de acceso" por coherencia hai que usar esa e
>> poñelo no glosario.
>> Lembro que con isto estase a romper a coherencia que trasno ben mantendo.
>
> A resposta que me deron:
>
>
>> To: lexicogra...@realacademiagalega.org
>>> Subject: Suxestión do usuario: Leandro Regueiro, Leandro Regueiro
>>>
>>> Na entrada de "clave" aparece "clave de acceso". Normalmente a xente
>>> emprega "contrasinal" para referirse a dito concepto. O feito de que esa
>>> acepción non apareza na entrada de "contrasinal" é unha eiva do dicionario,
>>> ou é que "contrasinal" é un castelanismo?
>>
>> As dúas formas son válidas. Ocorre que en “contrasinal” optouse por unha
>> definición ampla que incluíse os distintos contrasinais que poden existir e
>> non se especificou unha acepción de informática, mentres que “clave de
>> acceso” é unha expresión utilizada unicamente no campo da informática e
>> está recollida como tal.
>>
>> Atentamente,
>>
>>
>> Seminario de Lexicografía
>> Real Academia Galega (RAG)
>> Rúa Tabernas, 11
>> Apartado de Correo 557
>> 15001 - A Coruña
>> Teléfono: 981 20 73 08
>> Fax: 981 21 64 67
>> secreta...@realacademiagalega.org
>> www.realacademiagalega.org
>>
>> Nota: Esta resposta foi elaborada polos servizos lingüísticos do Seminario
>> de Lexicografía, e non representa un ditame nin unha decisión formal da Real
>> Academia Galega.
>
> Entendo que se para eles son sinónimos entón non haberá problema en
> escoller «contrasinal». Pedinlles que se para eles son sinónimos que
> por favor o indiquen no dicionario.
>
>
> @damufo: non sei que pasa coas túas respostas, que cando intento
> responder non me aparecen nunca os > que indican que esas liñas son de
> outra mensaxe anterior.
>

Está ben. Vale contrasinal=clave de acceso

Gustaríame tamén aclarar os matices entre «clave» e «chave», en
concreto que non se pode/debe utilizar «chave» en sentido informático



> Deica
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a