Re: ranslation project

2008-04-25 Conversa suso . baleato
Francisco J. Tsao Santin escrebeu:
 On Mon, Apr 21, 2008 at 03:31:53PM +0200, suso.bale...@xunta.es wrote:
  Eu resolvín o tema do disclaimer fai uns aniños xa, pero desistín por
  que a resposta que recibín semellaba máis a dun can defendendo o seu
  territorio que a dun voluntario do software libre tentando traballar en
  común. Cónstame que non fun o único que desistiu de involucrarse no
  proxecto por ise motivo; así que a nova só pode alegrarme. A ver se
  desta vai. 
 
 Supoño que te estás a referir a Jacobo Tarrío.

Pois non. Non estaba a referirme a Jacobo Tarrío.

Tres Dous... Un.. Cero.

Vaia. 

Acabas de te decatar de que meteche a zoca até o fondo montando un flame
sen motivo, insultándome sen vir a conto e soltando unha extravagancia
sobre o estado da lista de localización de Debian ao galego bastante mal
documentado. E todo para deixarnos claro que eres colega do Tarrío e que
tes conta na FSF. Estamos abrumados. Supoño que agora sería o momento
en que nos contarías que RMS tamén durmiu na túa casa.

En fin.

Benvido á lista de Trasno home. Que teñas moita sorte coa coordenación
do Translation Project, e se precisas axuda, pídea. Iso sí: procura
respeitar ao resto da xente que anda por eiquí e a próxima vez que te
dispoñas a enviar un correo incendiario insultando a alguén, procura
sentarte, respirar e pensalo dúas veces. Mais que nada para non facernos
perder o tempo.

Sorte e ánimos coa coordenación do TP. Como sigas metendo a pata coa
xente desta maneira vaiche facer falta ;-)

Saúde,

-- 
Xesús Manuel Benítez BaleatoCoordenador de mancomun.org
Consellaría de Innovación e Industria  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  suso.baleato @ xunta.es

Re: ranslation project

2008-04-25 Conversa Jacobo Tarrio
El jueves, 24 de abril de 2008 a las 23:22:36 +0200, suso.bale...@xunta.es 
escribía:

 Este ton de soberbia sobra.

-- 
   Jacobo Tarrío | http://jacobo.tarrio.org/

Re: ranslation project

2008-04-25 Conversa Francisco J. Tsao Santin
On Thu, Apr 24, 2008 at 11:22:36PM +0200, suso.bale...@xunta.es wrote:
 Francisco J. Tsao Santin escrebeu:
  On Mon, Apr 21, 2008 at 03:31:53PM +0200, suso.bale...@xunta.es wrote:

 ^^^

  Supoño que te estás a referir a Jacobo Tarrío.
 
 Pois non. Non estaba a referirme a Jacobo Tarrío.
 
 Tres Dous... Un.. Cero.

¿Tres... os días que tardaches en recordar que tiñas que responder a 
esto?

 Vaia. 
 
 Acabas de te decatar de que meteche a zoca até o fondo montando un flame
 sen motivo, insultándome sen vir a conto e soltando unha extravagancia

[...]

 dispoñas a enviar un correo incendiario insultando a alguén, procura
 sentarte, respirar e pensalo dúas veces. Mais que nada para non facernos
 perder o tempo.
 
 Sorte e ánimos coa coordenación do TP. Como sigas metendo a pata coa
 xente desta maneira vaiche facer falta ;-)

Oh, vaia. Que torpe son. Si, a verdade e que é todo  culpa miña por non 
ter entendido ben os teus correos dos derradeiros tres dias. Terás que 
disculparme, home, que non chegue ó teu nivel... pero claro... por eso 
estás no posto no que estás, mentres os demais... pobres mortais...

Perdoa, ¿eh?, perdoa... Estou avergoñado...

-- 
Francisco J. Tsao Santín
http://tsao.enelparaiso.org
1024D/71CF4D62  42 F1 53 35 EF 98 98 8A FC 6C 56 B3 4C A7 7D FB

Re: ranslation project

2008-04-25 Conversa suso . baleato
Jacobo Tarrio escrebeu:
 El jueves, 24 de abril de 2008 a las 23:22:36 +0200, suso.bale...@xunta.es 
 escribía:
 
  Sorte e ánimos coa coordenación do TP. Como sigas metendo a pata coa
  xente desta maneira vaiche facer falta ;-)
 
  Este ton de soberbia sobra.
 
Iso é discutibel.

Saúdos,

-- 
Xesús Manuel Benítez BaleatoCoordenador de mancomun.org
Consellaría de Innovación e Industria  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  suso.baleato @ xunta.es

Re: ranslation project

2008-04-25 Conversa Jacobo Tarrio
El jueves, 24 de abril de 2008 a las 23:44:58 +0200, suso.bale...@xunta.es 
escribía:

   Sorte e ánimos coa coordenación do TP. Como sigas metendo a pata coa
   xente desta maneira vaiche facer falta ;-)
   Este ton de soberbia sobra.
 Iso é discutibel.

 Non, non é discutible. Discutible sería se o ton era de soberbia, de
schadenfreude ou de desprezo, pero o que non é discutible é que, calquera
dos tres que fora, sobra.

 A ver se non podemos ser xente normal que se trata con respecto mutuo aínda
que non se estea de acordo.

-- 
   Jacobo Tarrío | http://jacobo.tarrio.org/

Re: ranslation project

2008-04-25 Conversa suso . baleato
Francisco J. Tsao Santin escrebeu:
 On Thu, Apr 24, 2008 at 11:22:36PM +0200, suso.bale...@xunta.es wrote:
 
 Perdoa, ¿eh?, perdoa... Estou avergoñado...
 
Nada home, todos cometemos erros algunha vez.

Benvido pois e ánimo co proxecto.

Tarrío, víche o smiley ao final da frase? Está ahí xustamente para
borrar calquera rastro negativo da ironía.

Ironía:  'Modo de expresión que consiste en dicir o contrario do
que se pensa.'

Quedou claro agora? Se precisas máis explicacións, pídemas en privado
que así deixamos á xente traballar en paz.

Viele GrüBe,

-- 
Xesús Manuel Benítez BaleatoCoordenador de mancomun.org
Consellaría de Innovación e Industria  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  suso.baleato @ xunta.es

Re: ranslation project

2008-04-25 Conversa Francisco J. Tsao Santin
On Fri, Apr 25, 2008 at 11:01:59AM +0200, suso.bale...@xunta.es wrote:
 Francisco J. Tsao Santin escrebeu:
  On Thu, Apr 24, 2008 at 11:22:36PM +0200, suso.bale...@xunta.es wrote:
  
  Perdoa, ¿eh?, perdoa... Estou avergoñado...
  
 Nada home, todos cometemos erros algunha vez.
 
 Benvido pois e ánimo co proxecto.

Deixando de lado o momento sarcasmo, vou a deixar claros os meus puntos:
1)Aquí o único que iniciou o flame fuches ti deixando caer acusacións 
difusas e empezando a aclaralas tres días despois. Por certo, estou 
esperando aínda polo nome da persoa á que te referías e que non era 
Jacobo

2)Respecto do tema de Debian, a documentación teñoa de sobra: está o 
histórico da lista e as testemuñas da xente

3)Admito consellos, correcións e aclaracións de calqueira dos 
voluntarios que andan por esta lista ou fora dela traballando na 
localización. O que non vou a admitir son choros e sobradas dun 
*comisario político a soldo*.

*PLONK!*

-- 
Francisco J. Tsao Santín
http://tsao.enelparaiso.org
1024D/71CF4D62  42 F1 53 35 EF 98 98 8A FC 6C 56 B3 4C A7 7D FB

Re: ranslation project

2008-04-25 Conversa suso . baleato
Home isto é novo:

Francisco J. Tsao Santin escrebeu:

 O que non vou a admitir son choros e sobradas dun 
 *comisario político a soldo*.

A ver cóntanos qué queres dizer con iso home. 

E ánimo, que mentras empregas o tempo en insultar á xente e crear mal
rollo, xa vexo que TP vai avanzando que é unha marabilla.

Saúdos,

-- 
Xesús Manuel Benítez BaleatoCoordenador de mancomun.org
Consellaría de Innovación e Industria  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  suso.baleato @ xunta.es

Re: ranslation project

2008-04-25 Conversa Leandro Regueiro
Haxa paz. Se queredes discutir procurade facelo en privado que isto
quítalle as ganas de colaborar a todos. Isto vai por suso e por tsao.
Alégrome de que deas mostras de vida Jacobo. Non fai falta que quentes
máis o asunto, creo eu, teñas ou non razón. Se queres lembrarllo
envíalle unha mensaxe privada e punto.

Ata logo,
   Leandro Regueiro

Re: ranslation project

2008-04-25 Conversa damufo

ups!!!
Pois non sei para que a preciso??

suso.bale...@xunta.es escribiu:

damufo escrebeu:

Leandro Regueiro escribiu:

2008/4/24 damufo dam...@gmail.com:

Moitas grazas Leandro, totalmente aclarado.

Se queres unha copia escaneo o meu e envíocho. Daquela había que
escrebelo a man.

Saúdos,

Re: ranslation project

2008-04-25 Conversa Francisco J. Tsao Santin
On Fri, Apr 25, 2008 at 12:50:37PM +0200, Leandro Regueiro wrote:
 Haxa paz. Se queredes discutir procurade facelo en privado que isto
 quítalle as ganas de colaborar a todos. Isto vai por suso e por tsao.
 Alégrome de que deas mostras de vida Jacobo. Non fai falta que quentes
 máis o asunto, creo eu, teñas ou non razón. Se queres lembrarllo
 envíalle unha mensaxe privada e punto.

Pola miña banda esta é a derradeira liña que escribo ó respecto. Tes 
razón, non só é estéril senón tamén contraproducente para o traballo.
-- 
Francisco J. Tsao Santín
http://tsao.enelparaiso.org
1024D/71CF4D62  42 F1 53 35 EF 98 98 8A FC 6C 56 B3 4C A7 7D FB

Re: ranslation project

2008-04-25 Conversa suso . baleato
Por min dacordo. Discutir non sirve de nada, traballar sí. A traballar
pois.

Graciñas por mediar no asunto, Leandro.

Saúde,

Leandro Regueiro escrebeu:
 Haxa paz. Se queredes discutir procurade facelo en privado que isto
 quítalle as ganas de colaborar a todos. Isto vai por suso e por tsao.
 Alégrome de que deas mostras de vida Jacobo. Non fai falta que quentes
 máis o asunto, creo eu, teñas ou non razón. Se queres lembrarllo
 envíalle unha mensaxe privada e punto.
 
 Ata logo,
Leandro Regueiro

-- 
Xesús Manuel Benítez BaleatoCoordenador de mancomun.org
Consellaría de Innovación e Industria  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  suso.baleato @ xunta.es

Re: ranslation project

2008-04-24 Conversa Leandro Regueiro
Non sei que experiencias tivestes vós. Eu cando quixen entrar no TP o
proxecto estaba medio morto (non só por parte de Jacobo creo eu) e ó
ver que iso ía tardar pois pasei. Eu sonvos desa clase de xente que
traduce cando lle da a arroutada e se non podo traducir no momento as
ganas pásanseme. Ultimamente reactiveime debido a que unha persoa
mostrou a súa consideración respecto ó noso traballo de voluntarios
enviándonos un pendrive de balde a varios de Trasno. Iso si que
levanta a moral. Agora que o lembro volvéronme as ganas de me volver
poñer ca tradución de openSUSE :)

Por certo, habíalles que propoñer ós do TP que dividan a lista de
tradución en dúas diferentes: a das traducións que precisan o
disclaimer e a das que non o necesitan.

Ata logo,
Leandro Regueiro

2008/4/23 Francisco J. Tsao Santin t...@members.fsf.org:
 On Wed, Apr 23, 2008 at 03:43:50PM +0200, suso.bale...@xunta.es wrote:
   Traballar nesto como máis cómodo se sinta un non presupón o direito a
   incomodar aos demais até o ponto de inhibir a súa partipación;
   básicamente por que iso na práctica significa fechar o proxecto ou
   apropriarse del.

  Creo que que cada un faga o seu traballo sen incordiar ós demais non é
  incomodar, nin disuadir de que os demais collan a súa porción de
  traballo. Dende logo, a mi me molestaría que alguén se metera nuna
  traducción que estou facendo eu, porque cada un ten o seu estilo, e unha
  das cousas que se esixe ó tratar un mesmo .po é a consistencia. Por
  outra banda, hai uns 160 paquetes no TP, a maioría sen traducir unha
  liña ¿algunha vez alguén te impediu coller un deses e traballar nel?

   Iso foi o que sucedeu no TP e a consecuéncia quedou á vista: morte por
   inanición. O único que eu digo é que agora temos unha boa oportunidade
   para  evitar cometer os mesmos erros.

  Non, o que sucedeu no TP é algo sinxelo: a xente ven, a xente se vai, e
  ás veces, non hai relevo xeneracional. Esta a pasar non só coa
  traducción, senon cos propios lugs, e, en xeral, con calqueira
  organización de voluntarios.

Esto é un proxecto de software libre, e, polo menos para min, os temas
sociais son secundarios.
   
   Tamén os da OSI (opensource.org) consideran que os temas sociais son
   secundários, por iso as cuestións éticas pasan a un segundo plano. É unha
   aproximación tecnocrática a isto do software libre que respeito, mais eu
   prefiro o enfoque ético -e por tanto social- da FSF.

  Non confundas o tema social co tema ético. Cando eu falo do social,
  quero decir que porque estemos a traballar nun mesmo proxecto de
  software libre non temos por que ir de cubatas xuntos, nin sequera temos
  por que caernos ben. Simplemente, cada un fai a súa función no proxecto.

  Sobre o tema ético, creo que o que mire a dirección coa que escribo non
  terá dudas sobre o que penso.

  --
  Francisco J. Tsao Santín
  http://tsao.enelparaiso.org
  1024D/71CF4D62  42 F1 53 35 EF 98 98 8A FC 6C 56 B3 4C A7 7D FB

  --
  To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

Re: ranslation project

2008-04-24 Conversa damufo

que é o disclaimer?

No Translation Project pódense traducir dous tipos de ficheiros .po os
que precisan unha renuncia dos teus dereitos sobre a tradución que fas
en favor da Free Sofware Foundation e aqueles .po que non. O
translation disclaimer é ese papel que tes que enviar cuberto e
asinado por ti á Free Software Foundation renunciando ós teus dereitos
sobre esas traducións. Normalmente isto aplícase a software do
proxecto GNU, ou sexa, software que desenvolve e controla directamente
a FSF.

Se non o entendiches é un papeliño no que lle das os teus dereitos
sobre a tradución á FSF, igual que un desenvolvedor fai ó liberar
código fonte ca GPL, de xeito que ninguén poida reclamar ningún
dereito sobre ese software.

2008-04-24 Conversa suso . baleato
damufo escrebeu:

 Leandro Regueiro escribiu:
 2008/4/24 damufo dam...@gmail.com:

 Moitas grazas Leandro, totalmente aclarado.

Se queres unha copia escaneo o meu e envíocho. Daquela había que
escrebelo a man.

Saúdos,
-- 
Xesús Manuel Benítez BaleatoCoordenador de mancomun.org
Consellaría de Innovación e Industria  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  suso.baleato @ xunta.es

Re: ranslation project

2008-04-23 Conversa suso . baleato
Francisco J. Tsao Santin escrebeu:
 On Mon, Apr 21, 2008 at 03:31:53PM +0200, suso.bale...@xunta.es wrote:

 O único que digo, é que con respostas  mellores ou peores, cada un
 traballa nesto como máis cómodo se sinte. 

Traballar nesto como máis cómodo se sinta un non presupón o direito a
incomodar aos demais até o ponto de inhibir a súa partipación;
básicamente por que iso na práctica significa fechar o proxecto ou 
apropriarse del. 

Iso foi o que sucedeu no TP e a consecuéncia quedou á vista: morte por
inanición. O único que eu digo é que agora temos unha boa oportunidade
para  evitar cometer os mesmos erros.

 Esto é un proxecto de software libre, e, polo menos para min, os temas 
 sociais son secundarios.
 
Tamén os da OSI (opensource.org) consideran que os temas sociais son
secundários, por iso as cuestións éticas pasan a un segundo plano. É unha
aproximación tecnocrática a isto do software libre que respeito, mais eu
prefiro o enfoque ético -e por tanto social- da FSF.

Para min, como para moita xente, o valor engadido do software libre radica
no seu potencial como ferramenta de transformación social. Iso explica,
entre outras cousas, que apt-get install anarchism sexa un comando válido
nas distros baseadas en Debian.

Non sei si me explico, pero tanto ten. Tempo haberá nos próximos anos de
ir aproximando posturas ao respeito.

Saúde,

Re: ranslation project

2008-04-23 Conversa Francisco J. Tsao Santin