[KDE] Varias cousas

2008-07-24 Conversa mvillarino
Olá,
como ando curto de tempo, serei algo máis telegráfico do normal:

1.- Temos KDE4.1. Isto significa que agora trunk/l10n-kde4 é para 4.2
e branches/stable/l10n-kde4 para 4.1, tédeo en conta para o traballo
que fagades de agora en diante. Se non se explicita, entendo que os
ficheiros que enviades através de min son de trunk.

2.- Agora mesmo está o proceso a anovar as estatísticas.
Consultainas, e flipai.

3.- Ollo coa configuración que poñedes da lista de correo e idioma. En
moitos casos está ou o nome do idioma, ou o enderezo, ou ambos os dous
errados.

4.- Convén ir completando módulos, en concreto koffice (van pola beta
9) e kdepim. Kdeedu levará máis tempo, a ver se lle imos dando
despois.

5.- Non está de máis que vaiades tonteando coa documentación. Temos
entre un 8 e un 15 % feito, pero faltan uns detalles infraestruturais
para poder estar listos para tirar para diante, aínda así, tendo en
conta as peculiaridades [1] da tradución de docbooks mediante
ficheiros po, por favor, ide dándolle unha ollada.


[1]Para acabarlle coa paciencia a un santo.

Que vaia ben,


Re: Please update debconf PO translation for the package debian-edu-install 0.6 72?

2008-07-24 Conversa Leandro Regueiro
Tarrío anda por aquí ainda, pero non escribe moito na lista. É un dos
membros fundadores do Proxecto Trasno.

Ata logo,
   Leandro Regueiro

2008/7/23 Jacobo Tarrio jac...@tarrio.org:
 El miércoles, 23 de julio de 2008 a las 12:35:04 +0200, Adrián Chaves 
 escribía:

 Só por curiosidade: esta mensaxe está a ser atendida? (máis que nada
 porque paréceme que é a 3ª vez que chega á lista)

  Son mensaxes distintas e si, están a ser atendidas.

 --
   Jacobo Tarrío | http://jacobo.tarrio.org/


 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.



Re: anovada tradución de blog no glosario

2008-07-24 Conversa Leandro Regueiro
Home, eu pensaba que ó final ía quedar blog coma blog, pero case me da
igual unha opción ca outra. Grazas por actualizar o glosario.

Ata logo,
Leandro Regueiro

On Wed, Jul 23, 2008 at 7:48 AM, damufo dam...@gmail.com wrote:
 Ola:
 Consultado o glosario vin que non estaba anovada a tradución blog, quedou
 así: ;-)

 **blog**

1. n.m. blogue
2. n.f. bitácora



Re: recursos

2008-07-24 Conversa Leandro Regueiro
2008/7/22 mvillarino mvillar...@gmail.com:
 O Martes 22 Xullo 2008 15:51, Leandro Regueiro escribiu:
 Polo menos a guía de estilo de Trasno parece ter algunha
 transcendencia, a pesar de que penso que deberia actualizarse.
 Pois posibelmente, non creo que sexa posíbel enunciala como unha única, breve
 e libre (e remítome ás opinións existentes acerca da utilización das
 maiúsculas, por ex.), pero si poderíamos acordar un índice, facer propostas
 para cada apartado do indice... e ver que sae.
 Vaille dando! [1]
 --
 Best regards,
 MV




 [1]Se queres pásoche a miña persoal. A de Xusto está bastante ben, a de Iván
 Mendez tampouco está mal (aparecen ao final da de trasno, iirc)

Non habia ademais algunha en mancomún e outra que rulara pola listas
de correo sen que se saiba moi ben de onde saiu?

Por certo, xa dixera que a min isto das guías de estilo non é que se
me dea ben. Farei críticas puntuais ó que propoña outra xente.

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Re: wesnoth unidades 5 pendentes

2008-07-24 Conversa Leandro Regueiro
Ola,
estiven pensando en cambiar a tradución actual fixada de rogue que é
pícaro por pillabán ou incluso galopín. Que pensades?

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: [KDE] Varias cousas

2008-07-24 Conversa Leandro Regueiro
 2.- Agora mesmo está o proceso a anovar as estatísticas.
 Consultainas, e flipai.

Dao por descontado, acabo de facelo. A miña noraboa ó equipo. Estades
ó 92%, o que ven sendo o sexto idioma máis traducido.

 3.- Ollo coa configuración que poñedes da lista de correo e idioma. En
 moitos casos está ou o nome do idioma, ou o enderezo, ou ambos os dous
 errados.

Isto creo que case iria por tódalas traducións feitas no Proxecto Trasno.

 5.- Non está de máis que vaiades tonteando coa documentación. Temos
 entre un 8 e un 15 % feito, pero faltan uns detalles infraestruturais
 para poder estar listos para tirar para diante, aínda así, tendo en
 conta as peculiaridades [1] da tradución de docbooks mediante
 ficheiros po, por favor, ide dándolle unha ollada.


 [1]Para acabarlle coa paciencia a un santo.

Home, en principio non vexo moi ben cal é o problema, ainda que ainda
non me metin neses mundos. O máis preto que estiven de traducir
documentación con .po foron os titoriais de Inkscape, que veñen en
formato SVG (subconxunto de XML o mesmo ca Docbook) e só habia que ter
dúas cousas máis en mente: ser consistente ca terminoloxía usada na
tradución da GUI e ter en conta as novas etiquetas e marcas que
aparecian nas cadeas.

 Que vaia ben,

Igualmente.

Ata logo,
  Leandro Regueiro


Re: wesnoth unidades 5 pendentes

2008-07-24 Conversa Javier Pico
On Thu, Jul 24, 2008 at 11:16 AM, Leandro Regueiro 
leandro.regue...@gmail.com wrote:

 Ola,
 estiven pensando en cambiar a tradución actual fixada de rogue que é
 pícaro por pillabán ou incluso galopín. Que pensades?

 Ata logo,
  Leandro Regueiro


O de empregar galopín non me parece mala idea, anque o significado que lle
dá a RAG difire un pouco da definición da unidade [máis que nada en canto á
maldade da personaxe].

[ *  Diccionario da Real Academia Galega* ]
*galopín -ina**adx. *Que comete pequenos enganos ou fraudes con habilidade e
sen malicia [rapaz]. *Mira que es galopín. *Tamén *s. ¿Quen foi o galopín
que comeu todo o pastel?* SIN. *pillabán**, pillo, tunante, tuno.*

http://www.xs4all.nl/~roadie/wesnoth_units/1.2/gl_ES/Rogue.html


unidades wesnoth 2 pendentes

2008-07-24 Conversa Leandro Regueiro
Ola, revisando vin que parece que non hai envío 3 :) Aquí van as
unidades pendentes do envío 2. Despois enviarei outra mensaxe cas
unidades FIXADAS.



 Elvish Sharpshooter
--elfo francotirador
--elfo tirador certeiro
--Tirador de élite élfico

 Elvish Shyde
--Teño a idea de que é algo relacionado ca timidez, así que elfa
asustadiza, elfa fuxidia, elfa tímida ou algo así...
--Fada elfa ou fada élfica, non sei, como Shyde non aparece nada e ten
que ter un nome acorde co tipo de unidade que é, ou sexa de nibel 3
por enriba de xamans e druidas

 Desert Sharpshooter  --Under the Burning Suns
--consultar sharpshooter enriba

 Desert Prowler  --Under the Burning Suns
--literalmente merodeador (existe en galego??)

 Desert Shyde  --Under the Burning Suns
--consultar shyde enriba



 Gryphon Master
--grifón amo, grifón señor...
--Amo/Señor/Mestre/Amestrador de grifóns.


 Naga Myrmidon




Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: unidades wesnoth 2 pendentes

2008-07-24 Conversa Leandro Regueiro
Agora a lista de unidades fixadas. Cambiei un pouco de parecer
respecto ó de poñer primeiro a raza da unidade e despois a unidade en
si.





 Elves
Elfos FIXADO

 Elvish Archer
Elfo arqueiro FIXADO

 Elvish Marksman
elfo tirador FIXADO

 Elvish Ranger
Elfo silvano FIXADO

 Elvish Avenger
Elfo vingador FIXADO

 Elvish Fighter
elfo loitador FIXADO

 Elvish Captain
capitán élfico FIXADO

 Elvish Marshal
mariscal élfico FIXADO

 Elvish Hero
heroe élfico FIXADO

 Elvish Champion
campión élfico FIXADO

 Elvish Lady
dama élfica FIXADO

 Elvish Lord
señor élfico FIXADO

 Elvish High Lord
gran señor élfico FIXADO

 Elvish Scout
Elfo explorador FIXADO

 Elvish Rider
elfo xinete FIXADO

 Elvish Outrider
elfo batedor FIXADO

 Elvish Shaman
elfo xamán FIXADO

 Elvish Druid
elfo druida FIXADO

 Elvish Sorceress
elfa feiticeira FIXADO

 Elvish Enchantress
elfa encantadora FIXADO

 Elvish Sylph
elfa sílfide FIXADO

 Corrupted Elf  --Under the Burning Suns
elfo corrompido FIXADO

 Desert Archer  --Under the Burning Suns
arqueiro do deserto FIXADO

 Desert Marksman  --Under the Burning Suns
tirador do deserto FIXADO

 Desert Ranger  --Under the Burning Suns
silvano do deserto FIXADO

 Desert Avenger  --Under the Burning Suns
vingador do deserto FIXADO

 Desert Fighter  --Under the Burning Suns
loitador do deserto FIXADO

 Desert Captain  --Under the Burning Suns
capitán do deserto FIXADO

 Desert Marshal  --Under the Burning Suns
mariscal do deserto FIXADO

 Desert Hero  --Under the Burning Suns
heroe do deserto FIXADO

 Desert Champion  --Under the Burning Suns
campión do deserto FIXADO

 Desert Hunter  --Under the Burning Suns
cazador do deserto FIXADO

 Desert Sentinel  --Under the Burning Suns
sentinela do deserto FIXADO

 Desert Scout  --Under the Burning Suns
explorador do deserto FIXADO

 Desert Horseman  --Under the Burning Suns
elfo do deserto a cabalo FIXADO

 Desert Rider  --Under the Burning Suns
xinete do deserto FIXADO

 Desert Outrider  --Under the Burning Suns
batedor do deserto FIXADO

 Desert Shaman  --Under the Burning Suns
xamán do deserto FIXADO

 Desert Druid  --Under the Burning Suns
druida do deserto FIXADO

 Desert Star  --Under the Burning Suns
estrela do deserto FIXADO

 Divine Avatar  --Under the Burning Suns
avatar divino FIXADO

 Divine Incarnation  --Under the Burning Suns
encarnación divina FIXADO

 Kaleh of the Quenoth Elves  --Under the Burning Suns
Kaleh dos Elfos de Quenoth FIXADO




 Gryphons
grifóns FIXADO

 Gryphon
grifón FIXADO

 Gryphon Rider
xinete de grifón FIXADO

 Sleeping Gryphon  --Heir to the Throne
grifón durmido FIXADO





 Woses
woses FIXADO

 Wose Sapling  --The Rise of Wesnoth
XXX novo FIXADO

 Wose
 FIXADO

 Elder Wose
XXX vello FIXADO

 Ancient Wose
XXX ancián FIXADO





 Trolls
Trolls FIXADO

 Troll Hero
troll heroe FIXADO

 Great Troll
troll grande FIXADO

 Troll Whelp
cachorro de troll FIXADO

 Troll
Troll FIXADO

 Troll Warrior
Troll guerreiro FIXADO

 Troll Rocklobber
troll tirapedras FIXADO

 Troll Shaman  --Under the Burning Suns
troll xamán FIXADO





 Ogres
Ogros FIXADO

 Young Ogre
Ogro Xove FIXADO

 Ogre
Ogro FIXADO





 Nagas
nagas FIXADO

 Naga Fighter
XXX cazador FIXADO

 Naga Warrior
XXX guerreiro FIXADO

 Naga Guardian  --Under the Burning Suns
XXX gardián FIXADO

 Naga Warden  --Under the Burning Suns
 garda FIXADO

 Naga Sentinel  --Under the Burning Suns
XXX sentinela FIXADO

 Naga Hunter  --Under the Burning Suns
XXX cazador FIXADO




Ata logo,
  Leandro Regueiro


Re: [KDE] Varias cousas

2008-07-24 Conversa mvillarino
 [1]Para acabarlle coa paciencia a un santo.

 Home, en principio non vexo moi ben cal é o problema, ainda que ainda
 non me metin neses mundos. O máis preto que estiven de traducir
 documentación con .po foron os titoriais de Inkscape, que veñen en
 formato SVG (subconxunto de XML o mesmo ca Docbook) e só habia que ter
 dúas cousas máis en mente: ser consistente ca terminoloxía usada na
 tradución da GUI e ter en conta as novas etiquetas e marcas que
 aparecian nas cadeas.

Pois iso mesmo: é crítico ter activada a comprobación das etiquetas ao
vivo, e a ser posíbel meter as etiquetas mediante atallos de teclado
(para non confundirse nelas). Ademais hai problemas en manter a
consistencia entre os textos da gui, e o que a documentación di que
son os textos da gui.
E por riba está todo o proceso de compilación, que o máis normal é que
casque catro ou cinco veces antes de que a cousa vaia indo. Isto si
que é desesperante.


Re: [KDE] Varias cousas

2008-07-24 Conversa Leandro Regueiro
2008/7/24 mvillarino mvillar...@gmail.com:
 [1]Para acabarlle coa paciencia a un santo.

 Home, en principio non vexo moi ben cal é o problema, ainda que ainda
 non me metin neses mundos. O máis preto que estiven de traducir
 documentación con .po foron os titoriais de Inkscape, que veñen en
 formato SVG (subconxunto de XML o mesmo ca Docbook) e só habia que ter
 dúas cousas máis en mente: ser consistente ca terminoloxía usada na
 tradución da GUI e ter en conta as novas etiquetas e marcas que
 aparecian nas cadeas.

 Pois iso mesmo: é crítico ter activada a comprobación das etiquetas ao
 vivo, e a ser posíbel meter as etiquetas mediante atallos de teclado
 (para non confundirse nelas). Ademais hai problemas en manter a
 consistencia entre os textos da gui, e o que a documentación di que
 son os textos da gui.
 E por riba está todo o proceso de compilación, que o máis normal é que
 casque catro ou cinco veces antes de que a cousa vaia indo. Isto si
 que é desesperante.

Certo. Creo que o gtranslator a ten ou a ía ter. O kbabel creo que
tiña. O Poedit creo que non. O da consistencia creo que vai ser o gran
problema.

Respecto do da compilación non vexo problema, sempre que non se meta a
zoca cas etiquetas.

Ata logo,
   Leandro Regueiro


unidades wesnoth 1 pendentes

2008-07-24 Conversa Leandro Regueiro
Ola, por fin rematamos ca revisión do traballo feito todas estas
semanas. Aquí tedes o primeiro envío:



 Vampire Bat
--Morcego chuchasangue (Vampiro non me parece axeitado, xa que vampiro
sóame máis aos que teñen forma humana)
--Morcego Vampiro (Na realidade existe un tipo de morcego que se chama
Vampiro, creo que lle acae mellor a esta criatura)
--Hai unha caste de morcego que se chama vampiro. O de morcego vampiro
queda fatal. Prefiro vampiro só.
--Se ninguén di nada queda Morcego vampiro





 Drake Clasher
--Dragón esmagador
--Dragón de pelexa (lin que clasher era o que crea conflicto)
--Draconiano de batalla
-- Conflitivo, provocador? (ainda que provocador é a tradución de
rouser) En todo caso  de batalla podería valer.
--X de batalla paréceme ben
--se ninguén di nada queda XXX de batalla


 Drake Enforcer
--Protector dragón (http://pt.wiktionary.org/wiki/enforce non atopei
unha verba máis axeitada)
--umm, enforce é obrigar a alguén a cumprir algo en contra da súa
vontade. 'Dragón opresor'?
--Draconiano executor (de http://www.wordreference.com/es/)
--Coincido con victor no de executor, quédalle perfecto, ainda que é
unha tradución algo libre. Enforce é facer cumprir.
--Pois a min paréceme boa a tradución, e iso que pensaba que non
habería. Aquel que fai cumplir, que executa a lei. Gústame.
-- se ninguén di nada queda XXX executor


 Drake Slasher
--Perforador dragón (Slash é un corte rápido e penetrante)
--XXX rebandador (existe isto en galego?)
--Draconiano rajador (non se me ocorre o adexetivo apropiado, pero a
idea é a dun ser que te raja pola metado ou te corta)
--Estiveramos mirando isto eu máis victor o venres e non atopamos unha
tradución axeitada. A idea é que este bicho pega golpes cunha arma de
folla con tal forza que te corta de lado a lado, cun corte profundo.
Levo toda a fin de semana matinando nelo e ainda non atopei unha
tradución axeitada. As vosas traducións non me convencen e sei que hai
unha tradución exacta.
--Algunhas ideas máis:  guillotina,  sabre... Coñece alguén a
tradución que fan os casteláns, portugueses, ou outros?
--Poño o que puxeron noutros idiomas:
cat: Tallador drac
es: Carnicero draco
fr: Tailladeur dracan
it: Drago sventratore
pt_br: Fatiador Draconiano


 Hurricane Drake
--Dragón dos ceos (tradución libre)
--Draconiano furacán
-- furacanado. Segundo digalego  Que ten a violencia dun
furacán. Penso que é a tradución máis axeitada, xa que é unha unidade
de nivel alto.
--se ninguén di nada queda XXX furacanado
http://digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=verid=31785opcion=entrada



 Dwarvish Stalwart
--Valente anano
--Anano incondicional, leal... seria tradución literal, pero se alguén
se lle ocorre un sinonimo que por favor o propoña
-- se ninguén di nada queda anano incondicional


 Dwarvish Runemaster
--Mestre de runas anano
-- XXX cicelador
--Anano mestre das runas  (ou Anano cicelador de runas según vos pareza)
--Eu usei anano cicelador, pero esa tradución púxena despois de darlle
voltas varios días e tampouco é que me convencera moito. Votación ou
máis ideas...
--Para aclarar un pouco máis: esta unidade o que fai é cicelar runas
nas armas dos ananos para conferirlles poderes máxicos ou mellorar as
súas propiedades.
--Anano Mestre das Runas
--A miña tradución fixéraa pensando nunha especie de feiticeiro anano,
pero vendo o seu debuxo, case mellor cicelador.
--Eu non son tan drástico coma Leandro, pero sí me parece un termo moi
literal, creo que os propostos anteriormente lle acaen mellor, iso sí,
mal non me soa pero sigo preferindo o que pensei eu coa axuda de
Leandro, pero persoalmente o termo que utiliza él: o de cicelador, non
me gusta moito, prefiro o de Anano mestre das runas
--valee, se ninguén di nada queda anano mestre das runas


 Dwarvish Thunderer
--Anán Mosqueteiro
--Tronador anano
--Anano arcabuceiro (polo tipo de arma que leva que se asemella a un arcabuz)
--A idea do arcabuz é de victor, moi boa por certo, alguén se opón ou
ten unha idea mellor? Marce propoñia mosqueteiro pero o arcabuz é
menos avanzado así que queda para a evolución desta unidade.
-- se ninguén di nada queda anano arcabuceiro


 Dwarvish Thunderguard
--Garda tronador anano
--Anano mosqueteiro (polo tipo de arma que leva que se asemella a un
mosquete (unha evolución do arcabuz(fonte wikipedia)))
--se ninguén di nada queda anano mosqueteiro


 Dwarvish Dragonguard
--Cazadragóns anano
--Anano cazadragóns
--anano trabuqueiro
-- anano garda de dragóns?? Non o vexo claro. Se é por seguir ca
evolución igual metendo unha escopeta ou unha carabina por algures...
--Gústanme as traducións de arcabuceiro e mosqueteiro. E pregunteille
a meu irmán pequeno, bélico coma él so e afeito ao Canal de Historia e
aos xogos de estratexia de ambientados en todos os tempos, e cando lle
dixen Arcabuceiro  Mosqueteiro, díxome que estaba no certo, e
continuoume a cadea con fusileiro.
--aquí hai que escoller unha opción: trabuco, carabina, fusil. Vós diredes...


 Dwarvish 

Re: [KDE] Varias cousas

2008-07-24 Conversa Miguel Branco
O Thursday 24 July 2008 10:43:36 mvillarino escribiu:
 Olá,
 como ando curto de tempo, serei algo máis telegráfico do normal:

 1.- Temos KDE4.1. Isto significa que agora trunk/l10n-kde4 é para 4.2
 e branches/stable/l10n-kde4 para 4.1, tédeo en conta para o traballo
 que fagades de agora en diante. Se non se explicita, entendo que os
 ficheiros que enviades através de min son de trunk.

si, lin o anuncio onte. Apuntado. Non teño nada de kde 4.1 listo, estiven 
tamén con de todo menos isto. 

 2.- Agora mesmo está o proceso a anovar as estatísticas.
 Consultainas, e flipai.

Autofelicitate xq moito do mérito tm é teu. Eu autocongratúlome e felicitovos 
a todos!. 6º hehehe!

 3.- Ollo coa configuración que poñedes da lista de correo e idioma. En
 moitos casos está ou o nome do idioma, ou o enderezo, ou ambos os dous
 errados.

 4.- Convén ir completando módulos, en concreto koffice (van pola beta
 9) e kdepim. Kdeedu levará máis tempo, a ver se lle imos dando
 despois.


si, intentarei darlle: agora que esas cadeas que quedan en kspread danme dor 
de moas. Mais, tm creo que tm temos un problema que é que hai demasiadas liñas 
fuzzy. Creo que é un punto fraco nas tradución que debemos millorar, pois x 
experiencia, xeralmente as fuzzy están mal, moi mal. Tamén creo que KDEPIM é 
un módulo esencial que convén rematar E revisar. Eu fixen a revisión do 
Koffice e penso que debería conter poucos erros.

 5.- Non está de máis que vaiades tonteando coa documentación. Temos
 entre un 8 e un 15 % feito, pero faltan uns detalles infraestruturais
 para poder estar listos para tirar para diante, aínda así, tendo en
 conta as peculiaridades [1] da tradución de docbooks mediante
 ficheiros po, por favor, ide dándolle unha ollada.


 [1]Para acabarlle coa paciencia a un santo.

 Que vaia ben,

Só dicir que levo como 10 días co KDE 4.1 (inda RC1) e coas tradución e vese, 
IMHO, unha tradución boa, con poucos erros (algún tonto hai) e bastante 
uniforme!. 

EN canto ó KDE 4.1,e é opinión persoal, as versión de KDE 4.X de Kubuntu soen 
sar malas: están mal construidas. A mellor implementación de KDE4 que provei 
foi Opensuse, sen dúbida. Con KDE 4.1 RC1 só tiven con Suse un par de crashes 
menores. Fédora ten unha implentación bastante decente, tm.



Re: [KDE] Varias cousas

2008-07-24 Conversa mvillarino
 si, lin o anuncio onte. Apuntado. Non teño nada de kde 4.1 listo, estiven
 tamén con de todo menos isto.

Sen problema, co mecanismo summit de Kaslav illic ou co sistema diff
de Lokalise podes traducir trunk e reaproveitar nunha patada para
stable. Eu é o que fago, co summit, así que non vos preocupedes, todo
o que enviedes para trunk que sexa reaproveitábel acabará en stable.
Na seguinte vez que nos vexamos, teño que contarvos como é a cousa (se
non seguides kde-l10n-doc, claro)

 si, intentarei darlle: agora que esas cadeas que quedan en kspread danme dor
 de moas. Mais, tm creo que tm temos un problema que é que hai demasiadas
 liñas fuzzy. Creo que é un punto fraco nas tradución que debemos millorar,
 pois x experiencia, xeralmente as fuzzy están mal, moi mal.

As de kspread deberían estar mais ou menos ben --semanticamente
falando--: antes ca ti, un ano ou así antes de que apareceses,
adicábame eu a koffice, e cheguei a ter o kspread completo daquela (de
ahí que comezase coa documentación), agora ben, non garanto que siga
os termos nen as túas escollas normativas nen o teu estilo.
Recorda que falta moi pouco para sacar koffice2.

Tamén creo que
 KDEPIM é un módulo esencial que convén rematar E revisar. Eu fixen a
 revisión do Koffice e penso que debería conter poucos erros.
Ok, Xosé está a darlle moi duramente a kdepim.

 EN canto ó KDE 4.1,e é opinión persoal, as versión de KDE 4.X de Kubuntu
 soen sar malas: están mal construidas. A mellor implementación de KDE4 que
 provei foi Opensuse, sen dúbida. Con KDE 4.1 RC1 só tiven con Suse un par de
 crashes menores. Fédora ten unha implentación bastante decente, tm.
Non podo opinar, eu até que Ana e compañía non teñan listos os
paquetes para Debian estábel (Lenny, supoño), non o poderei probar, só
trasteei un pouco un día nun kubuntu, e
non quedei defrauduado: funcionaba.

E se atopas erros avisa, ho!