Re: *deslizar

2009-01-08 Conversa Leandro Regueiro
 Non. É unha barra cunha cousas dentro,que moitas veces vai acarón dun campo de
 selección numérica. Emprégase para cousas como %, volumes, posicionamento en
 vídeos, e cousas á maneira.

Como levo desconectado dende o Nadal e eu estou lendo as mensaxes a
todo correr e de mala maneira pódovos asegurar totalmente que non
entendo de que estades falando. Agradecería unha pequena captura da
barra en cuestión.

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Re: gardar vs. gravar

2009-01-08 Conversa Leandro Regueiro
Penso que chego tarde. Lin todo por riba. A miña opinión é que é
aconsellable manter como única tradución recomendada gardar e ir
cambiando pouco a pouco os gravar.

Opino isto principalmente debido a que se usou moito máis. Ademais a
xente está afeito a velo así. Por outra banda no glosario de Trasno
(algo desactualizado pero aínda válido) recomendan non usar gravar
por posible confusión con record. O único problema que lle vexo é que
non queda ben traducir os substantivos save e autosave como
garda e garda automática; resulta chocante cando menos.

Ata logo,
Leandro Regueiro


Re: [The Pirate Bay] Seeders/Leechers

2009-01-08 Conversa Leandro Regueiro
Ola, vexo ben o de peer=parceiro, seeder=semente e leecher=samesuga.

Isto xa se discutira arreo.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: Scripting formula functions

2009-01-08 Conversa Leandro Regueiro
Scripting formula functions

Non estou seguro, pero igual Funcións das fórmulas de scripting pero
sen saber de que demo trata.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: Scripting formula functions

2009-01-08 Conversa Miguel Branco
O Thursday 08 January 2009 13:59:23 Leandro Regueiro escribiu:
 Scripting formula functions

 Non estou seguro, pero igual Funcións das fórmulas de scripting pero
 sen saber de que demo trata.

penso que sería 'scripting das funcións de fórmula'

@btw, benvido de novo!!


Re: gardar vs. gravar

2009-01-08 Conversa Leandro Regueiro
 O único problema que lle vexo é que
 non queda ben traducir os substantivos save e autosave como
 garda e garda automática; resulta chocante cando menos.

 Eu veño empregando gardado automático ou derivados.

Eu o de gardado non sei se terá moita base, aínda que no castelán
úsano a esgalla.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: [OpenTTD] Está aquí o tradutor?

2009-01-08 Conversa Leandro Regueiro
On Wed, Dec 31, 2008 at 7:54 PM, Marce Villarino mvillar...@gmail.com wrote:
 O Mércores 31 Decembro 2008 15:07, Jacobo Tarrio escribiu:
  Se te fixas, na ruta do ficheiro aparece un os/debian coma unha casa.
 Ups, non estou aínda moi posto nos detalles estes.

Non sei se isto saiu porque alguén viu o OpenTTD na lista de programas
que pode interesar traducir, onde eu o puxen sen saber quen é o
tradutor, nin de cando é a tradución. O que si podo dicir, porque
viciei o ano pasado demasiado ó xogo este, é que a tradución non é boa
(ten castelanismos e moitisimos hipergaleguismos). Por outra banda
usan un formato raro e creo que se traduce por web, e por se fora
pouco non controlo nada do xogo, así que non me anima moito traducilo.

Ata logo,
Leandro Regueiro


Re: [Semi OT] Re: [SuperTuxKart] Vou traducilo, se me adiantou alguén?

2009-01-08 Conversa Leandro Regueiro
 Como dirían Fernández e Hernández de Tintín, eu aínda diría máis:
 Usaría Vouno traducir no canto de Vou traducilo (creo que non é algo
 dialectal, pero gustaríame ter a vosa confirmación).

 Creo que amba-las dúas valen. De feito, creo que hai casos con ata tres
 formas posibles. Cousas da lingua. Vos sodes de fixestes ou de
 fixéchedes? ;-)

Eu son de fixestes. Eu usaria tanto vou traducilo coma vouno
traducir, pero o segundo máis ben coma unha intención que non ten por
que cumprirse pronto e a segunda como que o vou traducir agora
mesmiño.

Ata logo,
  Leandro Regueiro


Re: [Logotipo] Commons

2009-01-08 Conversa Leandro Regueiro
On Wed, Dec 24, 2008 at 5:06 PM, Adrián Chaves Fernández
adriyeticha...@gmail.com wrote:
 Cando estea acordado o logotipo, estaría ben telo nunha páxina en Commons,
 quizais mesmo xunto co resto de alternativas. Que vos parece?

Que vale. Envío as miñas propostas, por se alguén se acordaba de que o
prometera e estaba angustiado :)

Ata logo,
   Leandro Regueiro
attachment: proba_trasno0.pngattachment: proba_trasno1.pngattachment: proba_trasno2.pngattachment: proba_trasno0.svgattachment: proba_trasno1.svgattachment: proba_trasno2.svg

Re: Vocabulario específico do trac

2009-01-08 Conversa Leandro Regueiro
 - Timeline:
 The timeline provides a historic view of the project in a single report.

 It lists all Trac events that have occurred in chronological order, a brief
 description of each event and if applicable, the person responsible for the
 change.

 (liña cronolóxica, vista cronolóxica...?)

Íache dicir liña de tempo pero soa mal, ainda que se oia a miúdo. Eu
deixaría cronoloxía. Cronograma soame máis a que é algo gráfico,
pero se a definición se axusta a isto entón usariao.


 - Milestone: Esta é importante, aparece moitísimo...
 ( en castelán sería hito... en galego... etapa,
 milladoiro,obxectivo...?)

fito claramente. Non sei que demo fai aí un milladoiro...


 - Roadmap:
  The roadmap provides a view on the ticket system that helps planning and
 managing the future development of a project.
 (eu puxen plan de traballo. A metáfora do mapa de estradas parecíame medio
 forzada...pero igual se debía manter por coherencia co programa... non sei
 se me explico)

Eu propoñíache roteiro que ainda que alguén dixo que soaria mal eu
non o vexo así. Ainda así non sei exactamente o significado e que non
apareza no digalego xa me fai pensar se non será un lusismo.

Respecto de ticket usaria tícket que é o aceptado. Outra opción,
se é que é válida, sería resgardo ou algo polo estilo.

Hai que avisar de que o corrector non acepta tícket logo.

Ata logo,
  Leandro Regueiro


Re: [DJL] system tray / barre a miniature

2009-01-08 Conversa Leandro Regueiro
 Iso non se viña traducindo en castelán por área de notificación?
 área de notificación é o que poñen en mancomún.

Eu usei bandexa do sistema ata que vin que usaban no Gnome área de
notificación que a verdade é que ten mellor pinta.

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Re: [Logotipo] Commons

2009-01-08 Conversa Adrián Chaves Fernández
Pois o primeiro gústame, aínda que non me decido entre ese e o .gl (o de 
Miguel?). Iso sí, recórdanme ao logo de Ubuntu Studio :-)

 On Wed, Dec 24, 2008 at 5:06 PM, Adrián Chaves Fernández

 adriyeticha...@gmail.com wrote:
  Cando estea acordado o logotipo, estaría ben telo nunha páxina en
  Commons, quizais mesmo xunto co resto de alternativas. Que vos parece?

 Que vale. Envío as miñas propostas, por se alguén se acordaba de que o
 prometera e estaba angustiado :)

 Ata logo,
Leandro Regueiro


Re: Vocabulario específico do trac

2009-01-08 Conversa Javier Pico
2009/1/8 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com

  - Timeline:
  The timeline provides a historic view of the project in a single report.
 
  It lists all Trac events that have occurred in chronological order, a
 brief
  description of each event and if applicable, the person responsible for
 the
  change.
 
  (liña cronolóxica, vista cronolóxica...?)

 Íache dicir liña de tempo pero soa mal, ainda que se oia a miúdo. Eu
 deixaría cronoloxía. Cronograma soame máis a que é algo gráfico,
 pero se a definición se axusta a isto entón usariao.


Liña de tempo paréceme perfectamente válida. De feito empregase en edición
de video para designar o control onde se van colocando os fragmentos de
video de xeito ordeado [dentro do contexto da película final].



  - Milestone: Esta é importante, aparece moitísimo...
  ( en castelán sería hito... en galego... etapa,
  milladoiro,obxectivo...?)

 fito claramente. Non sei que demo fai aí un milladoiro...


Milestone = punto kilométrico.

Empregado de xeito metafórico viria a designar aquela meta que nos
propoñemos acadar en un prazo determinado [que non un fin].

Fito evoca [baixo o meu punto de vista] algo acontecido ou algo por
acontecer pero que non se está a buscar expresamente.

Eu quedaríame con meta ou mellor obxectivo.



  - Roadmap:
   The roadmap provides a view on the ticket system that helps planning
 and
  managing the future development of a project.
  (eu puxen plan de traballo. A metáfora do mapa de estradas parecíame
 medio
  forzada...pero igual se debía manter por coherencia co programa... non
 sei
  se me explico)

 Eu propoñíache roteiro que ainda que alguén dixo que soaria mal eu
 non o vexo así. Ainda así non sei exactamente o significado e que non
 apareza no digalego xa me fai pensar se non será un lusismo.


Eu proporía simplemente mapa de ruta.


Re: [DJL] system tray / barre a miniature

2009-01-08 Conversa mvillarino
2009/1/8 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com:
 Iso non se viña traducindo en castelán por área de notificación?
 área de notificación é o que poñen en mancomún.

 Eu usei bandexa do sistema ata que vin que usaban no Gnome área de
 notificación que a verdade é que ten mellor pinta.

Até que lle collen cariño e lle comezan a chamar Tray...


Re: [Logotipo] Commons

2009-01-08 Conversa Leandro Regueiro
2009/1/8 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com:
 Pois o primeiro gústame, aínda que non me decido entre ese e o .gl (o de
 Miguel?). Iso sí, recórdanme ao logo de Ubuntu Studio :-)

Vale, eu estaba pensando nos petroglifos :)

Engado un ficheiro pdf para que se poidan comparar mellor os tres
logotipos, e que se non me trabuco ocupa demasiado para conter tres
imaxes. Por certo, creo que non acertei moito ca cor, igual un gris
algo máis claro e/ou outro tipo de letra ía mellor.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


logos_trasno_meus.pdf
Description: Adobe PDF document


Re: Vocabulario específico do trac

2009-01-08 Conversa Leandro Regueiro
 Liña de tempo paréceme perfectamente válida. De feito empregase en edición
 de video para designar o control onde se van colocando os fragmentos de
 video de xeito ordeado [dentro do contexto da película final].

Aquí é outro contexto, creo eu.

  - Milestone: Esta é importante, aparece moitísimo...
  ( en castelán sería hito... en galego... etapa,
  milladoiro,obxectivo...?)

 fito claramente. Non sei que demo fai aí un milladoiro...

 Milestone = punto kilométrico.

 Empregado de xeito metafórico viria a designar aquela meta que nos
 propoñemos acadar en un prazo determinado [que non un fin].

 Fito evoca [baixo o meu punto de vista] algo acontecido ou algo por
 acontecer pero que non se está a buscar expresamente.

Para min fito ten exactamente esa connotación.

 Eu propoñíache roteiro que ainda que alguén dixo que soaria mal eu
 non o vexo así. Ainda así non sei exactamente o significado e que non
 apareza no digalego xa me fai pensar se non será un lusismo.

 Eu proporía simplemente mapa de ruta.

Outra opción válida. Aínda que preferiría roteiro por ser unha única palabra.

Ata logo,
Leandro Regueiro


script para digalego.com

2009-01-08 Conversa Leandro Regueiro
-- Forwarded message --
From: José Manuel Castroagudín Silva chavescesu...@gmail.com
Date: 2009/1/8
Subject: script para digalego.com
To: leandro.regue...@gmail.com


Boas,

vin na lista de G11n os vosos correos sobre dicionarios e tal, e como
non estou subscrito a esa lista co meu correo persoal, mándoche
isto, a ver se vos serve:

num=1
while [ $num -le 65914 ]
do
links2 -dump -width 150
http://www.digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=verid=$num;|
grep Mandar a entrada | awk '{print $1}'  dicionario.txt
num=`expr $num + 1`
done


Executando iso, debería crear no directorio actual un ficheiro
dicionario.txt con tódalas palabras do dicionario de irindo (de a a
zurullo, jeje). O malo é que, para termos con máis dunha acepción,
aparecerá algo así:

1abrochar
2abrochar

... pero vaia, que se pode retocar logo dalgunha maneira...

O mellor de todo era pedirlle axuda para isto directamente á xente de
Ir Indo. Claro que despois do carallo que levaron non creo que teñan
moita gana de colaborar ca Xunta.

Ata logo,
Leandro Regueiro