A min apúntame para traducir ou revisar ficheiros ou proxectos
pequenos, como o do páxina de Firefox Mobile. Pero como as solicitudes
pasarán pola rolda de correo xa irei vendo o que me interesa ;)

Un saúdo,
ifrit

P.D.: Enviei un par de veces esta mensaxe pola tarde e semella que non chegou

2010/4/28 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>:
> Boas.
>
> Pareceme ben. Vai facer falta xente para facer todo tipo de accións.
>
>
> Colaboracións puntuais (ficheiros soltos e pequenos)
> ----------------------------------------------------------------------------
> Leandro
>
> Probas das traducións
> ----------------------------------------------------------------------------
> Damufo
>
>
> Saúdos.
>
>
>
> 2010/4/28 damufo <damufo en gmail.com>:
>> Boas:
>> Eu supoño que como sempre colaborarei nas probas.
>>
>> En 2010/04/27 14:34, Enrique Estévez Fernández escribiu:
>>>
>>> Ola a todos.
>>>
>>> Suso xa fixo os trámites pertinentes co correo que vistes que ía en
>>> inglés. Eu xa me presentei aos responsábeis de Mozilla e agora estou a
>>> facerme cos procedementos.
>>>
>>> Xa comecei a intentar resolver algúns bugs que temos pendentes e xa me
>>> activaron algún servizo para traducir en liña. Nestes momentos estou a
>>> mirar as traducións desde Narro e Verbatim. A ver o que tardan en
>>> darme unha conta de Mercurial e podo mirar como vai todo. Por agora,
>>> estou como ben di Suso a falar con eles, darme a coñecer e que a
>>> comunidade me coñeza. Tamén iniciei contactos co grupo de castelán
>>> para ver se eles me poden axudar nestes inicios e saber como fan eles
>>> co seu grupo.
>>>
>>> Xa recibín algunha queixa con respecto a algunha tradución (de
>>> usuarios galegos que empregan Firefox). Podo dicir, que non gusta a
>>> tradución de Vaia, isto é vergoñoso. Algunhas persoas dixéronme que
>>> ben valía cun Sentímolo ou Sentímosllo (comentario de lingüistas). Que
>>> non era unha linguaxe nada aceptable por moito que a tradución literal
>>> do inglés sexa esa.
>>>
>>> De entrada quero saber quen vai a querer traducir no día a día e se
>>> vai poder facer cargo de proxectos enteiros ou de ficheiros soltos.
>>> Como sabedes hai varios produtos e así eu poder encargarme da parte
>>> técnica e da revisión, e sobre toda da coordinación. Quen se pode
>>> comprometer a facer cousas e quen pode axudar esporadicamente.
>>> Dependendo dos colaboradores, organizarase o traballo. É moi
>>> importante contar que hai uns prazos e hai que respetalos.
>>>
>>> Se ao final se pode traducir todo en liña (por web) ábrese un novo
>>> abanico de posibilidades. Eu estou investigando esta última forma de
>>> traducir, xa que vexo que ata o de agora, o peso o levaba todo Rial,
>>> que era el o que se encargaba de todo. Despois, Suso, non sei moi ben
>>> como organizou todo. Imaxínome que repartía o traballo entre a xente
>>> que quería colaborar, pero non sei que tempos vos marcabades e como el
>>> conseguía unificar os diferentes criterios e estilos seguidos polos
>>> tradutores.
>>>
>>> Por agora pouco máis que contar. Que eu estou traducindo e revisando
>>> en liña. Que a ver se me validan o traballo cando lles entregue algo
>>> completado e que pasos me din que teño que facer.
>>>
>>> Suxestións e sobre todo quen quere participar traducindo e que
>>> compromiso pode asumir.
>>>
>>> Un saúdo.
>>>
>>> 2010/4/13 suso<suso.baleato en gmail.com>:
>>>>
>>>> Boas,
>>>>
>>>> Ven de contactarme Enrique Estévez, a quen escollestes para coordenar a
>>>> equipa de localización. Vou presentalo sen mais ao resto do equipo de
>>>> localización da Mozilla para que lle den as indicacións pertinentes, como
>>>> xa fixen en GNOME e OpenOffice.
>>>>
>>>> Con esto quedará dado o relevo oficialmente; a partir dahí xa será cousa
>>>> de Enrique ter mais ou menos éxito, polo que vos pido todo o voso apoio
>>>> para axudalo nesa tarefa. Pola miña parte facilitareille o proceso na
>>>> medida en que poida axudalo.
>>>>
>>>> Fágovos eso sí unha matización de certa importancia despois de repasar o
>>>> arquivo da rolda, xa que nalgún momento alguén dou a entender que non era
>>>> Enrique quen asumía a coordenación senón un dos dous grupos (g11n ou
>>>> Trasno,
>>>> non lembro cal dos dous era).
>>>>
>>>> É importante que teñades claro que na Mozilla a participación é
>>>> individual;
>>>> quen asume a coordenación, como calquera outra tarefa, son personas e non
>>>> organizacións. Outra cousa é que Enrique pertenza a g11n, ao Real Madrid
>>>> ou á CIG, eso a Mozilla dalle igual; o importante é que ninguén pretenda
>>>> suplantar á Mozilla como organización matriz: dende o momento en que
>>>> Enrique asume a coordenación pasa a integrarse dentro da Comunidade
>>>> Mozilla, e por tanto son as normas e os usos de Mozilla os que debe ter
>>>> en conta e non os da CIG, os de g11n/trasno ou calquera outra
>>>> organización.
>>>>
>>>> Dígovos esto por que eu tardei *meses* en convencelos de que non era a
>>>> Xunta quen se facía cargo da coordenación, senón eu personalmente. Non
>>>> vaia
>>>> ser que por falta de información metades a pata nesto. Igual a cousa
>>>> cambiou neste tempo pero non creo; mais non momento en que eu tiven que
>>>> integrarme esto era unha información importante que eu descoñecía e que
>>>> obstaculizou bastante o proceso. Se eles detectan calquera intento de
>>>> "apropriación" por parte de trasno ou calquera outra organización,
>>>> meterán
>>>> o freno e non haberá xeito de avanzar. Espero ter sido claro nesto por
>>>> que
>>>> insisto unha vez mais: é moi importante ter moi claro que a estes efectos
>>>> a única organización que existe é a Fundación Mozilla.
>>>>
>>>> Por último, lembrar que non estou na rolda, co cal só me chegarán os
>>>> correos onde me poñades en copia.
>>>>
>>>> Ánimo pois.
>>>>
>>>> Saúde.
>>>>
>>>> --
>>>> http://susinho.pagina.de/
>>>> _______________________________________________
>>>> Galician mailing list
>>>> Galician en mozdev.org
>>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>>
>>> _______________________________________________
>>> Galician mailing list
>>> Galician en mozdev.org
>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>



-- 
====================
Visit our cinema weblog: http://cinemafriki.blogaliza.org
Visit our blog of fast food of the world: http://capitulocerdo.blogaliza.org
Visit my personal weblog: http://mediapinta.blogaliza.org
Visit my Street Art weblog: http://scqstreetart.blogaliza.org
====================

Responderlle a