Boas.

Pareceme ben. Vai facer falta xente para facer todo tipo de accións.


Colaboracións puntuais (ficheiros soltos e pequenos)
----------------------------------------------------------------------------
Leandro

Probas das traducións
----------------------------------------------------------------------------
Damufo


Saúdos.



2010/4/28 damufo <damufo en gmail.com>:
> Boas:
> Eu supoño que como sempre colaborarei nas probas.
>
> En 2010/04/27 14:34, Enrique Estévez Fernández escribiu:
>>
>> Ola a todos.
>>
>> Suso xa fixo os trámites pertinentes co correo que vistes que ía en
>> inglés. Eu xa me presentei aos responsábeis de Mozilla e agora estou a
>> facerme cos procedementos.
>>
>> Xa comecei a intentar resolver algúns bugs que temos pendentes e xa me
>> activaron algún servizo para traducir en liña. Nestes momentos estou a
>> mirar as traducións desde Narro e Verbatim. A ver o que tardan en
>> darme unha conta de Mercurial e podo mirar como vai todo. Por agora,
>> estou como ben di Suso a falar con eles, darme a coñecer e que a
>> comunidade me coñeza. Tamén iniciei contactos co grupo de castelán
>> para ver se eles me poden axudar nestes inicios e saber como fan eles
>> co seu grupo.
>>
>> Xa recibín algunha queixa con respecto a algunha tradución (de
>> usuarios galegos que empregan Firefox). Podo dicir, que non gusta a
>> tradución de Vaia, isto é vergoñoso. Algunhas persoas dixéronme que
>> ben valía cun Sentímolo ou Sentímosllo (comentario de lingüistas). Que
>> non era unha linguaxe nada aceptable por moito que a tradución literal
>> do inglés sexa esa.
>>
>> De entrada quero saber quen vai a querer traducir no día a día e se
>> vai poder facer cargo de proxectos enteiros ou de ficheiros soltos.
>> Como sabedes hai varios produtos e así eu poder encargarme da parte
>> técnica e da revisión, e sobre toda da coordinación. Quen se pode
>> comprometer a facer cousas e quen pode axudar esporadicamente.
>> Dependendo dos colaboradores, organizarase o traballo. É moi
>> importante contar que hai uns prazos e hai que respetalos.
>>
>> Se ao final se pode traducir todo en liña (por web) ábrese un novo
>> abanico de posibilidades. Eu estou investigando esta última forma de
>> traducir, xa que vexo que ata o de agora, o peso o levaba todo Rial,
>> que era el o que se encargaba de todo. Despois, Suso, non sei moi ben
>> como organizou todo. Imaxínome que repartía o traballo entre a xente
>> que quería colaborar, pero non sei que tempos vos marcabades e como el
>> conseguía unificar os diferentes criterios e estilos seguidos polos
>> tradutores.
>>
>> Por agora pouco máis que contar. Que eu estou traducindo e revisando
>> en liña. Que a ver se me validan o traballo cando lles entregue algo
>> completado e que pasos me din que teño que facer.
>>
>> Suxestións e sobre todo quen quere participar traducindo e que
>> compromiso pode asumir.
>>
>> Un saúdo.
>>
>> 2010/4/13 suso<suso.baleato en gmail.com>:
>>>
>>> Boas,
>>>
>>> Ven de contactarme Enrique Estévez, a quen escollestes para coordenar a
>>> equipa de localización. Vou presentalo sen mais ao resto do equipo de
>>> localización da Mozilla para que lle den as indicacións pertinentes, como
>>> xa fixen en GNOME e OpenOffice.
>>>
>>> Con esto quedará dado o relevo oficialmente; a partir dahí xa será cousa
>>> de Enrique ter mais ou menos éxito, polo que vos pido todo o voso apoio
>>> para axudalo nesa tarefa. Pola miña parte facilitareille o proceso na
>>> medida en que poida axudalo.
>>>
>>> Fágovos eso sí unha matización de certa importancia despois de repasar o
>>> arquivo da rolda, xa que nalgún momento alguén dou a entender que non era
>>> Enrique quen asumía a coordenación senón un dos dous grupos (g11n ou
>>> Trasno,
>>> non lembro cal dos dous era).
>>>
>>> É importante que teñades claro que na Mozilla a participación é
>>> individual;
>>> quen asume a coordenación, como calquera outra tarefa, son personas e non
>>> organizacións. Outra cousa é que Enrique pertenza a g11n, ao Real Madrid
>>> ou á CIG, eso a Mozilla dalle igual; o importante é que ninguén pretenda
>>> suplantar á Mozilla como organización matriz: dende o momento en que
>>> Enrique asume a coordenación pasa a integrarse dentro da Comunidade
>>> Mozilla, e por tanto son as normas e os usos de Mozilla os que debe ter
>>> en conta e non os da CIG, os de g11n/trasno ou calquera outra
>>> organización.
>>>
>>> Dígovos esto por que eu tardei *meses* en convencelos de que non era a
>>> Xunta quen se facía cargo da coordenación, senón eu personalmente. Non
>>> vaia
>>> ser que por falta de información metades a pata nesto. Igual a cousa
>>> cambiou neste tempo pero non creo; mais non momento en que eu tiven que
>>> integrarme esto era unha información importante que eu descoñecía e que
>>> obstaculizou bastante o proceso. Se eles detectan calquera intento de
>>> "apropriación" por parte de trasno ou calquera outra organización,
>>> meterán
>>> o freno e non haberá xeito de avanzar. Espero ter sido claro nesto por
>>> que
>>> insisto unha vez mais: é moi importante ter moi claro que a estes efectos
>>> a única organización que existe é a Fundación Mozilla.
>>>
>>> Por último, lembrar que non estou na rolda, co cal só me chegarán os
>>> correos onde me poñades en copia.
>>>
>>> Ánimo pois.
>>>
>>> Saúde.
>>>
>>> --
>>> http://susinho.pagina.de/
>>> _______________________________________________
>>> Galician mailing list
>>> Galician en mozdev.org
>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>

Responderlle a