Eu son da idea de que debe traducirse, mais é moi importante que sexa coa
terminoloxía ao uso polos usuarios técnicos e no ensino. Seguindo éste
criterio atopo que hai unha escolla que non me convence:

msgid "PROPER"
msgstr "PRIMMAIÚSCULA"

Xa que entendo que non é un case sensitive → PRIMMAIÚSCULA, senón que se
refire a un (nome)propio, polo que acae mellor a escolla de "es" ou do "fr"
como NOMPROPIO

pt_br
PRI.MAIÚSCULA
es
NOMPROPIO
fr
NOMPROPRE

Tamén me chama a atención a diferencia de criterio:

msgid "ISBLANK"
msgstr "ENBRANCO"

msgid "ISLOGICAL"
msgstr "ÉLÓXICO"

Xa que o IS é É polotanto debera ser "ÉBRANCO" para ISBLANK

pt_br
ÉFÓRMULA
es
ESFÓRMULA
fr
ESTFORMULE

Aínda que non o puxeches na lista, deduzo que a escolla para galego foi
"ÉFÓRMULA"

No caso destes termos si que é moi importante unha decisión de Termigal
sobre cal é (ou debe ser) a expresión correcta en galego.


2011/6/5 Antón Méixome <cert...@certima.net>

>
> Necesito o voso consello, xa que se trata dun aspecto no que eu francamente
> nin teño experiencia nin criterio.
>
> Recentemente, recibín queixas porque no Formula de OOo, así como no de LIbO
> aparecen os nomes das funcións traducidas. Por se non o sabedes, o cadro
> para introducir fórmulas e funcións ten a característica de autocompletado,
> de modo que non faga máis ca iniciar o nome da función para que apareza o
> nome traducido e as opcións. Parece ser que isto provoca problemas aos
> usuarios máis técnicos xa que non esperan atoparse cos nomes traducidos, e
> máis aínda con palabras acentuadas.
>
> Poño uns exemplos
>
> msgid "IF"
> msgstr "SE"
>
> msgid "RAND"
> msgstr "ALEATORIO"
>
> msgid "RADIANS"
> msgstr "RADIÁNS"
>
> msgid "ASIN"
> msgstr "ASENO"
>
> msgid "SQRT"
> msgstr "RAÍZC"
>
> msgid "ISBLANK"
> msgstr "ENBRANCO
>
> msgid "ISLOGICAL"
> msgstr "ÉLÓXICO"        (esta podería ser unha das máis problemáticas, por
> se inicial)
>
> msgid "PROPER"
> msgstr "PRIMMAIÚSCULA"
>
> Ora ben, o criterio nos equipos de localización das linguas próximas
> (castelán e portugués, tm. o fr) é o de traducir con todas as consecuencias
>
> pt_br
> ÉFÓRMULA
> es
> ESFÓRMULA
> fr
> ESTFORMULE
>
>
> pt_br
> PRI.MAIÚSCULA
> es
> NOMPROPIO
> fr
> NOMPROPRE
>
> Algo semellante, quizais distinto é o que pasa coas "palabras reservadas"
> de SQL.
>
>
> http://office.microsoft.com/es-es/access-help/palabras-reservadas-de-sql-HA001231509.aspx
>
> Envío outro correo cunha lista a ver quen me axuda a descifrala
>
>
> Que opción será mellor?
>
> - manter os nomes en inglés
> - traducir sen utilizar signos intermedios ou ortográficos (fóra puntos e
> fóra acentos)
> - deixalo tal como está
>
>
> Anexo o ficheiro correspondente aos nomes de funcións para que vexades a
> amplitude do problema (case 600 cadeas)
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>


-- 
 /\  Dia da liberdade dos documentos -  Libera os teus documentos
_\/` http://documentfreedom.org/     -  30 de marzo de 2011
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a