Boas

En 2011/06/06 12:20, Fran Dieguez escribiu:
Si, sempre.

Pensade un pouco... se un usuario que fala espanhol nos envía un
ficheiro con fórmulas, dito ficheiro non funcionaría se non houbera unha
asignación de funcións xenérica. De tal forma que cando el faga SI(B3 ==
'activo')... o programa automaticamente asigna dita función a IF e logo
ao abrila nós teríamos SE(B3 === 'activo')...

Podedes facer a proba iniciando libreoffice en inglés mediante
LANG=C libreoffice
e creando un ficheiro con unha fórmula sinxela como
=IF(A1)

gardando e logo abrindo o libreoffice en galego
LANG=gl_ES libreoffice

veredes que a fórmula agora móstrase como:
=SE(A1)

se facedes o contrario funciona exactamente igual, e o mesmo se o
facedes entre distintos idiomas distintos do inglés.

Eu aos usuarios que protestan mandaríaos á [$#@#$%] e un RTFM viríalles
moi ben.

Agardo fora de axuda.

Saúdos

Eu inicialmente pensaría en non traducir porque pensaba que non recoñecería o formato orixinal. Sendo tal como explica Fran, pendo que desaparece o inconveniente para traducir. Se os usuarios avanzados poden empregar o formato orixinal xa non teñen que ter problema algún. Vaites, penso que é un comportamento moi axeitado polo que traducir é unha moi boa opción.

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a