En M$ Office todas as funcións están traducidas, aínda que sempre se van recoñecer as funcións en inglés.
Coido que internamente o que garda son as funcións en inglés e logo realiza unha asignación coas traducións na interface. Saúdos -- Fran Dieguez <[email protected]> O Dom, 05-06-2011 ás 19:14 +0200, Miguel Bouzada escribiu: > Eu son da idea de que debe traducirse, mais é moi importante que sexa > coa terminoloxía ao uso polos usuarios técnicos e no ensino. Seguindo > éste criterio atopo que hai unha escolla que non me convence: > > msgid "PROPER" > msgstr "PRIMMAIÚSCULA" > > Xa que entendo que non é un case sensitive → PRIMMAIÚSCULA, senón que > se refire a un (nome)propio, polo que acae mellor a escolla de "es" ou > do "fr" como NOMPROPIO > > pt_br > PRI.MAIÚSCULA > es > NOMPROPIO > fr > NOMPROPRE > > Tamén me chama a atención a diferencia de criterio: > > msgid "ISBLANK" > msgstr "ENBRANCO" > > msgid "ISLOGICAL" > msgstr "ÉLÓXICO" > > Xa que o IS é É polotanto debera ser "ÉBRANCO" para ISBLANK > > pt_br > ÉFÓRMULA > es > ESFÓRMULA > fr > ESTFORMULE > > Aínda que non o puxeches na lista, deduzo que a escolla para galego > foi "ÉFÓRMULA" > > No caso destes termos si que é moi importante unha decisión de > Termigal sobre cal é (ou debe ser) a expresión correcta en galego. > > > 2011/6/5 Antón Méixome <[email protected]> > > Necesito o voso consello, xa que se trata dun aspecto no que > eu francamente nin teño experiencia nin criterio. > > Recentemente, recibín queixas porque no Formula de OOo, así > como no de LIbO aparecen os nomes das funcións traducidas. Por > se non o sabedes, o cadro para introducir fórmulas e funcións > ten a característica de autocompletado, de modo que non faga > máis ca iniciar o nome da función para que apareza o nome > traducido e as opcións. Parece ser que isto provoca problemas > aos usuarios máis técnicos xa que non esperan atoparse cos > nomes traducidos, e máis aínda con palabras acentuadas. > > Poño uns exemplos > > msgid "IF" > msgstr "SE" > > msgid "RAND" > msgstr "ALEATORIO" > > msgid "RADIANS" > msgstr "RADIÁNS" > > msgid "ASIN" > msgstr "ASENO" > > msgid "SQRT" > msgstr "RAÍZC" > > msgid "ISBLANK" > msgstr "ENBRANCO > > msgid "ISLOGICAL" > msgstr "ÉLÓXICO" (esta podería ser unha das máis > problemáticas, por se inicial) > > msgid "PROPER" > msgstr "PRIMMAIÚSCULA" > > Ora ben, o criterio nos equipos de localización das linguas > próximas (castelán e portugués, tm. o fr) é o de traducir con > todas as consecuencias > > pt_br > ÉFÓRMULA > es > ESFÓRMULA > fr > ESTFORMULE > > > pt_br > PRI.MAIÚSCULA > es > NOMPROPIO > fr > NOMPROPRE > > Algo semellante, quizais distinto é o que pasa coas "palabras > reservadas" de SQL. > > > http://office.microsoft.com/es-es/access-help/palabras-reservadas-de-sql-HA001231509.aspx > > Envío outro correo cunha lista a ver quen me axuda a > descifrala > > > Que opción será mellor? > > - manter os nomes en inglés > - traducir sen utilizar signos intermedios ou ortográficos > (fóra puntos e fóra acentos) > - deixalo tal como está > > > Anexo o ficheiro correspondente aos nomes de funcións para que > vexades a amplitude do problema (case 600 cadeas) > > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > > > > -- > /\ Dia da liberdade dos documentos - Libera os teus documentos > _\/` http://documentfreedom.org/ - 30 de marzo de 2011 > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

