Mon, Jan 24, 2000 at 11:51:28PM +0100, Santiago Garcia Mantinan escribiu:

>>      Pois xa que vos dan unha máquina, sería unha boa excusa para pedir
>> unha dirección IP e un dominio para o GPUL.
>>      A ver se se pode cambiar dunha vez a dirección da lista a
>> le...@gpul.fi.udc.es, ou linux...@gpul.fi.udc.es. ;-)))
>
>Buf, o do dominio para gpul eche posible, pero o de unha IP... creo que é
>imposible, de todolos xeitos consultaremos ós expertos a ver que nos din.
>
>No creo, precisamente o correo que mandamos eche do mais mirado, todo o
>noso correo ten que sair a través do MX do centro de cálculo, que se ve
>cousas raras (ata miran os contidos do correo) así que non sei eu...

        Iso dependerá do que queiran traballar os do centro de cálculo...
Nós en eurielec non temos acceso directo a Internet, pero temos:

- correo entrante e saínte a través dun servidor de correo externo
- acceso ó noso propio servidor web (é o único burato do firewall) ;-)

        Ademais de acceso a web+ftp a través de proxy, claro.

>>      Ese dominio penso eu que sería só para a páxina Web (algo como o
>> que estou a facer eu), que ten contidos bastante estáticos.  O CVS e a
>> lista de correo sen dúbida é mellor que se manteña na FI.
>
>E que inda que o servidor do dominio estivese na sua máquina pensabamos
>apuntalos a ceu, cremos que a conexión que temos en ceu é bastante boa.

        Ah, falabas do servidor DNS, non te entendera...

>Claro que o ideal sería ter outra IP para a máquina de GPUL :-)

        Dicirlles ós do centro de cálculo que configurar os ipchains non é
tan difícil. X')))))))

>En fin, todo isto é pensando en que a xente colabore na traducción, polo
>de agora non recibín ningunha oferta.

        Menuda época. ;-D

>Por certo, que non te vexo nas reunións de GPUL, non és socio?
>
>Se non é así, xa sabes que agora podeste facer socio sen pagar nada, non?
>Simplemente dasnos uns datos de nada e listo :-)

        Aínda non son socio, pero aínda que o fose, digamos que as reunións
do GPUL quédanme un pouquiño lonxe, algo así como uns 600 Km. O;D

        ¿Atopaste-la solución ó asunto da velocidade do tráfego da vosa
rede, que era maior nas máquinas internas ca no router? ¿Era pola
fragmentación, como dicía eu? :-)))

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a