Mon, Jan 31, 2000 at 01:01:11PM +0100, Ramon Flores escribiu:

>       Esta mensaxe é para lembrar que non sodes os únicos en traballar en
>software en galego, e que hai xente, que mellor ou pior comezou a
>traballar antes que vos.

        Haberia que se preguntar por que non o sabemos.  ¿Pouca
publicidade?  Espero que con LeGAL non pase iso coa traducción de Linux.

>Ainda que non tedes por que adoptar as suas
>mesmas solucións, parece-me sensato tervo-las en conta.

        O principal problema é que as solucións que usades no Xis están
orientadas á normativa de mínimos, e iso non é sempre compatible coa
normativa oficial...

>ftp://ftp.galego21.org/Xferra/GlosarioV2.zip

        Por certo, non pode ser moi útil un glosario para os Linuxeiros, se
está nun formato windowseiro. :-)))))

        Faime gracia por outra banda que ese glosario teña as palabras en
normativo... :-?

        Estiven a mirar un pouco os termos que empregades, e non me parecen
tan diferentes...  Dos que eu considero "esenciais" (é dicir, que é moito
mellor que sexan iguais para facilita-la usabilidade), varían:

Window -> xanela  (lóxico ó usardes unha normativa máis próxima ó portugués)
File -> Arquivo  (iso é por colle-la traducción de Brasil, tanto nós como
                  en Portugal usan Ficheiro)

        Do resto das palabras, penso que xa cada un é mellor que faga o que
lle pete na gana.  (Por exemplo: ligazón - enlace).

        O que si que me fai gracia é iso de "cabezallo".  Por se alguén ten
curiosidade, esta é a definición do diccionario:

"Timón do carro ou doutro instrumento de labranza no que van enganchados os
animais de tiro"

        X'')))))))

>> Window -> Fiestra (hai outras opcións que teñen ventá e xanela, pero
>>           "fiestra" é maioritaria, e non vou dicir por que. O:DDD).
>>           Ademais de que é a única enxebre. :-)))
>
>Por onde se usa tradicionalmente fiestra?.

        ¿En Galicia?

>Xanela usa-se popularmente
>cando menos polo sul da provincia de Pontevedra, e ademais para todo
>tipo de xanelas, e non como di algun dicionário unicamente para as
>pequenas.

        Ti o dixeches, no sul da provincia de Pontevedra... e aínda así eu
nunca a oín.  A miña nai é dunha aldea a 7 Km de Portugal, e eu vou alí
tódolos veráns, e eu nunca oín iso de "xanela".

        Co mesmo argumento que usas xanela, tamén poderías usar "ventá",
que está moitísimo máis difundido (por exemplo, eu vivín 8 anos en Coruña e
que eu lembre non se oía outra cousa máis que "ventá") :-?

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a