Jesus Bravo Alvarez wrote:
> 
> Mon, Jan 31, 2000 at 01:01:11PM +0100, Ramon Flores escribiu:
> 
> >       Esta mensaxe é para lembrar que non sodes os únicos en traballar en
> >software en galego, e que hai xente, que mellor ou pior comezou a
> >traballar antes que vos.
> 
>         Haberia que se preguntar por que non o sabemos.  ¿Pouca
> publicidade?  Espero que con LeGAL non pase iso coa traducción de Linux.

Cando o seu lanzamento o Xis apareceu en todos os periodicos da Galiza,
tanto os de papel coma os electrónicos. Non estou seguro, mais penso que
tamén se falou nesta lista, cando alguen falou de traducir o Netscape.


> >ftp://ftp.galego21.org/Xferra/GlosarioV2.zip
> 
>         Por certo, non pode ser moi útil un glosario para os Linuxeiros, se
> está nun formato windowseiro. :-)))))

O glosário está preparado para os que traballan no Xis, que é un
proxecto para Windows. Eu permitin-me cita-lo asi sen mais, por que é
ben coñecida a maior capacidade técnica dos linuxeiros, capaces de
traballar con todo tipo de formatos. O formato dbf por certo non é
windowseiro, é máis antigo.


>         Faime gracia por outra banda que ese glosario teña as palabras en
> normativo... :-?

No proxecto Xis contaron sempre con unha comisión terminolóxica, con 
licenciados en filoloxía galega. Nun princípio os membros da dita
comisión eran lusistas, e así saiu o Xis. Logo houbo un cambio radical,
e agora son isolacionistas. A nova equipa sacou ese glosário, e andan a
retraducir o programa. 

>         Estiven a mirar un pouco os termos que empregades, e non me parecen
> tan diferentes...  Dos que eu considero "esenciais" (é dicir, que é moito
> mellor que sexan iguais para facilita-la usabilidade), varían:
> 
> Window -> xanela  (lóxico ó usardes unha normativa máis próxima ó portugués)
> File -> Arquivo  (iso é por colle-la traducción de Brasil, tanto nós como
>                   en Portugal usan Ficheiro)

Arquivo e ficheiro usan-se tanto en Brasil como en Portugal. Do mesmo
xeito que en castelán se usan archivo e fichero. 

 
>O que si que me fai gracia é iso de "cabezallo".  Por se alguén ten
> curiosidade, esta é a definición do diccionario:
> 
> "Timón do carro ou doutro instrumento de labranza no que van enganchados > os 
> animais de tiro"

Cantos termos informáticos hai nos dicionários galegos?. 
A hora de traducir un termo novo, para o cal non hai tradución na
língua, un ten ao ser dispor várias posibilidades. Unha delas é empregar
unha palabra xa existente, e acrecentar o seu campo semántico, i.e.
engadir-lle un novo significado. Por exemplo, cando apareceron os
automóbeis, os castelán-falantes da península decidiron chamalos
"coches", que era un tipo de carruaxes tirados por cabalos, mentres os
castelán-falantes americanos preferiron chama-los "carros", que tamén
anteriormente designaba un veículo de tracción animal. E como este hai
muitos máis casos en calquera lingua. 
No caso de header --> cabezallo, cumpre ter en conta tres cousas:
1) Non existe termo en galego de uso normal para traducir header.
1) O termo cabezallo é un termo nidiamente galego.
2) En portugués traducen header por cabezallo. E ainda que algun lle
extrañe o ponto nº 4 dos principios de elaboración da normativa oficial
di claramente:

"As escollas normativas deben ser harmónicas coas das outras línguas,
especialmente coas romances en xeral e coa portuguesa en particular,
evitando que o galego adopte solución insolidarias e unilaterais
naqueles aspectos comúns a todas elas, tales como adaptación de
cultismos e de terminoloxia cientifica e técnica... "
 

> >> Window -> Fiestra (hai outras opcións que teñen ventá e xanela, pero
> >>           "fiestra" é maioritaria, e non vou dicir por que. O:DDD).
> >>           Ademais de que é a única enxebre. :-)))
> >
> >Por onde se usa tradicionalmente fiestra?.
> 
>         ¿En Galicia?
Que parte?
 
> >Xanela usa-se popularmente
> >cando menos polo sul da provincia de Pontevedra, e ademais para todo
> >tipo de xanelas, e non como di algun dicionário unicamente para as
> >pequenas.
> 
>         Ti o dixeches, no sul da provincia de Pontevedra... e aínda así eu
> nunca a oín.  A miña nai é dunha aldea a 7 Km de Portugal, e eu vou alí
> tódolos veráns, e eu nunca oín iso de "xanela".
> 
>         Co mesmo argumento que usas xanela, tamén poderías usar "ventá",
> que está moitísimo máis difundido (por exemplo, eu vivín 8 anos en Coruña e
> que eu lembre non se oía outra cousa máis que "ventá") :-?

Non nego que se diga ventá, e mesmo ventana, e ben sabido que o galego
está inzado de castelanismos. Mais o ponto é se a forma fiestra é a
única "enxebre"?. Sobre isto teño que dicer que non coñezo nengunha zona
da Galiza onde se use popularmente, mentres si coñezo unha zona onde se
usa xanela. Eu son de Lugo, e por alo o que usa é ventana. Mais coido
que nen Lugo nen A Coruña (cidades), son o mellor sitio para escoitar
galego enxebre.


Un saudo
        Ramón
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a