Mon, Jan 31, 2000 at 09:12:41PM +0100, Ramon Flores escribiu:

>>         Haberia que se preguntar por que non o sabemos.  ¿Pouca
>> publicidade?  Espero que con LeGAL non pase iso coa traducción de Linux.
>
>Cando o seu lanzamento o Xis apareceu en todos os periodicos da Galiza,
>tanto os de papel coma os electrónicos. Non estou seguro, mais penso que
>tamén se falou nesta lista, cando alguen falou de traducir o Netscape.

        Non falaba de non coñece-lo proxecto Xis, senón de que ninguén nos
dixese que había unha recopilación de termos informáticos...

>>         Por certo, non pode ser moi útil un glosario para os Linuxeiros, se
>> está nun formato windowseiro. :-)))))
>
>O glosário está preparado para os que traballan no Xis, que é un
>proxecto para Windows. Eu permitin-me cita-lo asi sen mais, por que é
>ben coñecida a maior capacidade técnica dos linuxeiros, capaces de
>traballar con todo tipo de formatos. O formato dbf por certo non é
>windowseiro, é máis antigo.

        Pero tampouco é multi-prataforma.  Da igual, era un comentario sen
importancia, non tiñas que poñerte así. ;-)

>>         Faime gracia por outra banda que ese glosario teña as palabras en
>> normativo... :-?
>
>No proxecto Xis contaron sempre con unha comisión terminolóxica, con 
>licenciados en filoloxía galega. Nun princípio os membros da dita
>comisión eran lusistas, e así saiu o Xis. Logo houbo un cambio radical,
>e agora son isolacionistas. A nova equipa sacou ese glosário, e andan a
>retraducir o programa. 

        Non sabía isto, nun dos enlaces que puxeches aínda dicía que a
normativa oficial era a de mínimos.

        E, por certo, opinión persoal, alégrome de que sexa así.

>Arquivo e ficheiro usan-se tanto en Brasil como en Portugal. Do mesmo
>xeito que en castelán se usan archivo e fichero. 

        Iso de "úsanse"... pode que sexa en Windows, para que sexa máis
doado comparti-las traduccións entre a península e América.  Quizáis sexa
só un asunto Linuxeiro, pero nas traduccións a pt_PT en Linux o habitual é
"ficheiro".

>> "Timón do carro ou doutro instrumento de labranza no que van enganchados > 
>> os animais de tiro"
>No caso de header --> cabezallo, cumpre ter en conta tres cousas:
>1) Non existe termo en galego de uso normal para traducir header.

        ¿E logo "header" é un termo tan informático?  Se hai que buscar
unha palabra con campo semántico, o mellor para "header" é algo que serva
para se referer ós titulares dos xornais.

>1) O termo cabezallo é un termo nidiamente galego.
>2) En portugués traducen header por cabezallo. E ainda que algun lle

        Un matiz... O que puxen arriba era a definición de "cabezalla", que
ten o mesmo significado que en portugués.  Pero hai diferencias con
cabezallo:

galego -> o mesmo que cabezalla
portugués -> o mesmo que cabezalla
      _e_ -> título ou rosto de qualquer publicação; título (de jornal)

        Mentres que co termo cabeceira/testeira, en galego ten o
significado de "Principio dun escrito; Titulares dunha noticia nun xornal",
pero en portugués _non_

        ¿Que ti pensas que iso é un castelanismo?  Alá ti.  Pero eu penso
que non somos quen de crear novos termos porque nos parezan máis lindos.
Eu, por outra banda, na miña vida oín a palabra "cabezallo" para os
titulares dun xornal...

>> >> Window -> Fiestra (hai outras opcións que teñen ventá e xanela, pero
>> >>           "fiestra" é maioritaria, e non vou dicir por que. O:DDD).
>> >>           Ademais de que é a única enxebre. :-)))
>> >Por onde se usa tradicionalmente fiestra?.
>>         ¿En Galicia?
>Que parte?

        Non che sei, non sou filólogo....  Pero eu o oín/leín máis que
xanela (a dicir verdade, nunca oín xanela pronunciada por un galego) :-?

>>         Co mesmo argumento que usas xanela, tamén poderías usar "ventá",
>> que está moitísimo máis difundido (por exemplo, eu vivín 8 anos en Coruña e
>> que eu lembre non se oía outra cousa máis que "ventá") :-?
>
>Non nego que se diga ventá, e mesmo ventana, e ben sabido que o galego
>está inzado de castelanismos. Mais o ponto é se a forma fiestra é a

        Ventana é castelanismo. ventá é tan castelanismo como xanela é
lusismo...

>única "enxebre"?.

        Se ventá dis que é castelanismo, e xanela úsase perto da fronteira
portuguesa (ergo eu tamén podo dicir que é lusismo), o único que queda é
"fiestra". ;-D

        Imaxino que non pensarás que estou a usar a palabra "enxebre" con
autoridade, ou algo así, ¿non?  Non vaias botarme unha parrafada, agora.
:-D

        O que eu digo é que supravalora-lo termo "xanela" e sataniza-lo
termo "ventá" paréceme ser imparcial...

        E todo isto é opinión persoal, non uso demasiados argumentos
filolóxicos...  Pero se na nosa lingua temos máis riqueza lingüística, con
tres termos en vez dun que teñen o portugués e o castelán... no caso de
necesitar só un, ¿por que coller os próximos ás outras dúas linguas cando
temos un propiamente noso?  (supoñendo que os tres se usen coa mesma
proporción polos galegos)

>Sobre isto teño que dicer que non coñezo nengunha zona
>da Galiza onde se use popularmente, mentres si coñezo unha zona onde se
>usa xanela. Eu son de Lugo, e por alo o que usa é ventana. Mais coido
>que nen Lugo nen A Coruña (cidades), son o mellor sitio para escoitar
>galego enxebre.

        ¿Entón ónde é?  Porque de onde é miña nai, din tamén ventana.  E
non é de Vigo, precisamente... (aínda que, niso tes razón, acaba de me
dicir que despois de "ventana" o que máis escoitou foi "xanela")

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a