Sun, Jan 30, 2000 at 11:24:49AM +0100, Santiago Garcia Mantinan escribiu:

>Por certo, falando disto... Xa lle comentaba o outro día a Tarrío se non
>fixerades un diccionario cos termos conflictivos e tal, o típico, como se
>traduce link, ¿era enlace?, xa non lembro. A cousa é para que todas as
>traducción saian máis ou menos uniformes, e claro eche máis importante
>todavía se o mesmo documento está a ser traducido por varias persoas á
>vez.

        Hai tempo puxen unha lista dos termos que utilizara eu, e máis ou
menos houbo consenso.  Póñoche as máis importantes:

File -> Ficheiro (sempre)

Archive -> Arquivo

Window -> Fiestra (hai outras opcións que teñen ventá e xanela, pero
          "fiestra" é maioritaria, e non vou dicir por que. O:DDD).
          Ademais de que é a única enxebre. :-)))

you -> vostede (Esta foi unánime, en ningún momento tratar de "ti", e tamén
       a ser posible non usar "eu", que o ordenador non fale en primeira
       persoa)

Accelerator/Key binding -> Atallo

Manager -> Xestor (coidado co do portugués de Brasil, que é Gerenciador)


        Había algunha máis, pero penso que son só interesantes para os
programas.  Pero as catro primeiras que puxen son bastante importantes, e
cambian bastante o estilo dunha traducción...

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a