Wed, May 03, 2000 at 11:50:53AM +0200, Ramón Flores d'as Seixas escribiu:

>Estes tres termos serven ben para ver o magnifico traballo lexicográfico de tan
>doutos líderes lingüísticos.
>
>1) Tradicionalmente ano significaba "intervalo de tempo que tarda a terra en
>2) O nome da letra "q" en galego ten o seu aquel. Case todas as consoantes
>3) Mais de cando en vez non ILG surprenden-nos con escollas lexicográficas

        X')  Probablemente o que digas sexa certo, pero repito o que dixen
en mensaxes anteriores.  Nos casos onde non teño capacidade para decidir
(i.e, hai só unha palabra no diccionario e non varias coma no caso
ambiente/contorno), pois eu non son quen de cambia-la lingua como a min me
pete, facendo de filólogo ocasional.

        Por certo, pola explicación que teño eu aquí, icono en castelán
procede do francés icône, que ven do ruso ikóna (por aquilo de que ten que
ver coa igrexa ortodoxa), e orixinalmente do grego eikóna.  A adaptación co
xénero feminino existe no catalán, no francés e no italiano, non só no
caldeo clásico. ;-)

>Clipboard --> area de transferéncia.
>Ë a mellor tradución da que se falou, con idependéncia da língua na que se veña
>usando. E expresa en perfeito galego o concepto, (lembremos que o importante
>é o concepto). Portapapeis é un calco do castelán, que neste caso resulta pouco
>claro.

        Portapapeles, porta-retalls, ou presse-papier son termos igual de
"claros" que o clipboard inglés.  Por suposto que "área de transferencia"
define (relativamente) ben o que significa, pero co mesmo razoamento se
pode usar "contedor de mensaxes" para folder, en vez de carpeta ou
cartafol.

>Ollo con cartafol, no vocabulario do Xis, usa-se para traducir "folder".

        Iso xa o vexo máis problemático...

        De calquera xeito, se non queredes usar carpeta, teño entendido que
cartapacio é máis semellante a carpeta, mentres que cartafol refírese tamén
a un "portapapeis".

        A cousa do Mozilla é que non aparece o termo clipboard por
ningures.

>consolidar-se e por iso cumpre-lle andar con pudibundeces. Aceitarian os
>señores da Real Academia Española o termo "icoño"?

        Vai ti saber... non esquezas que o instrumento que levan os
árbitros na boca non é un "pite", senón un pito. X')))

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras

Responderlle a