Fri, May 05, 2000 at 12:49:02PM +0200, Gonzalo Gonzalez Rodriguez escribiu:
>> >- "Arrincar" o computador (para eles "ordenador")
>>
>> ¿Que pasa con arrincar? É unha palabra galega. :-??????
>
> Eu ao meu computador teño-lle cariño, nunca usaria a violéncia con
>el, nunca o "arrincaria" ;)
Mmmmm, pois non sei, a min non me soa mal... ¿como dis ti arrincar
o motor do coche, entón? (ou do carro, perdón, por se o outro paréceche
"castrapo") X''))))))
>> Volvendo co do dialecto reintegracionista, ¿non é posible aceptar
>> "ordenador" en Galicia por influencia do castelán (ou do francés se che
>> gusta máis)? ¿Ou vas negar esa influencia que fai que a meirande parte dos
>> informáticos galegos prefiran usar "disco duro" e "ordenador" fronte a
>> "disco ríxido" e "computador"? Só tes que buscar "ordenador" no
>> diccionario portugués para comprobar que tamén está admitida.
>>
> Segues errado. A situación do galego non é de normalidade, e non
>podes recompilar os termos que usa a peña hoxe, e dicer que son correctos.
>Exemplo: "rodamento" (castrapo) , de uso maioritário, face a "chumaceira"
>ou "rolamento", que son correctos. Acontez o mesmo.
Pois home, se para ti eses son correctos e rodamento non, e o
diccionario o di ó revés... pois a menos que ti teñas cara de diccionario,
síntoo pero non che vou facer caso. ;-)
Por certo, se xa vexo difícil escoitar a alguén en galego dicir
"faz", que diga "face" paréceme de risa. X')))
>> Buscarei publicidade en galego de fabricantes de ordenadores. Só
>> coñezo unha e podo asegurar que o papel non estaba nada... ríxido. X')
>>
> ...e dá-lle
E dalle que lle da á panca... ¿Que pasa? ¿Que aínda por riba que
hai publicidade de informática en galego, non se lle pode prestar atención?
Porque un castelanismo como "ventana", aínda que se diga, nunca o
verás escrito nun papel de publicidade.
Pero se ti chamas castelanismo a "ordenador" e "disco duro", pois
non sei por que o levan ás imprentas a gastar tinta. :-)
>> E seguindo co tema do dialecto X'), tampouco entendo por que
>> usar "colar" para traducir "paste", cando a forma dominante en galego
>> é "pegar" (mec, mec, pode que estea equivocado).
>
> Estás. Non quero ir de listo, mais creo que aqui amosas a tua
>ignoráncia sen nengún pudor.
Menos mal que non queres ir de listo. X')))
>Non se trata de ir ao dicionário e ver se hai
>unha palavra, sen reparar no seu significado, e dicer: "Está admitida,
>existe". Explico-me.
Mmmmm, sinto que non entendín algo... ¿Pensas que son tan chocho de
ir mirar nun diccionario de portugués a palabra "morrinha", e non decatarme
de que non ten o mesmo significado que no galego? :-DDD
> Por suposto. En galego, há palavras, que, pola situación de
>anormalidade, e influéncia do castellano, perden o seu significado
>orixinal, e son reemprazadas polo significado castellano:
> Exemplo:
>"ollomol"->"besugo"; "grifo"->"billa"; "calamar"->"lura"... e tamén
>_pegar_
A ver...
besugo non está no diccionario
grifo non está no diccionario
calamar non está no diccionario
pegar está no diccionario e un dos seus significados é:
Unir unha cousa con outra por medio dunha sustancia adhesiva.
pegar está TAMÉN no diccionario de portugués e un dos seus significados é:
fazer aderir, colar
É dicir, aínda que o que usan os portugueses habitualmente é
"agarrar", tamén existe o concepto de colar. Se non aceptas isto, o
que pretendes na túa ideoloxía non é que o galego sexa un dialecto do
portugués, senón que falemos exactamente coma eles.
A min nin sequera me fai falla que estea no diccionario de
portugués, co que estea no de galego écheme dabondo. :-) Eu o digo por ti.
:-)))))
> A ver cando te das conta de que co castrapo non se vai a nengunha
>parte. Vamos cara a desaparición do galego.
Ti segues a empregar mal ese termo... castrapo é o castelán mal
falado por un galegofalante. Que eu saiba aínda non se inventou unha
palabra para o galego malfalado por un castelánfalante.
A ver se foches ti o que pintou na N-120 á saída de Vigo a frase
"Castrapo, fora da Galiza". X'')))))))))))))))
>> Co do dialecto tentei respostar ós teus argumentos baseándome no
>> posible na túa concepción da lingua. Só para demostrar que, nalgúns casos,
>> aquilo que ti criticas ós que preferimos a normativa oficial, pode ser
>> explicado dende a propia ideoloxía integracionista. :-)
>
> Non me convences, sinto-o ;)
A verdade é que non pensaba. X')))
--
_ _ _ _ _ Fidonet: 2:348/105.97
_| |_| _| |_| http://De.nuevo.en/~obras