Tamén habería que convidar ós das CIF para que veñan a esa xuntanza,
da que ainda temos que falar, cos de Mancomun e outros grupos de
tradutores.
Deica,
Leandro Regueiro
2008/4/3 mvillarino <[email protected]>:
> @ KDE: non vos fiedes das estatísticas en l10n.kde.org para 4.1 ... segundo a
> miña copia local, estamos no 82-83%, xunto a piques de tocarlle o carallo ao
> equipo do castellano (e a astals cid, de paso).
>
> @xeral: A ver, estou a dar un paseo polas normas de estilo, e caín na das
> ciberirmandades.
> Podería alguén con conta aló pedírlles, da miña parte, que repasen o texto en
>
> http://www.ciberirmandade.org/dokucif/doku.php?id=traducion_libroestilo&DokuWiki=47d52323fc718ae28bd9419e845db156
> no sentilo de escrebelo seguindo a mesma norma de estilo proposta nese sito?
>
> Xa postos, podíamos pensar en chegar a consensuar unha norma de estilo entre
> ca cif e trasno.
> Persoalmente, atopo dificultades con esa norma nos seguintes termos:
> · Procura mellor que Busca ou Pesquisa. (Tendo a usar procura para todos,
> excepto para bases de dados, nos que uso pesquisar/pesquisa, para o acto en
> si e para o sql, e consulta/pesquisa para o resultado obtido)ñ
> · Largura/largo mellor que Ancho.
> · Listaxe mellor que Lista.
>
> E en:
> · Preferencia polo tratamento informal (eu son moi de vosa mercé, xa
> m'entendesponto com)
> · Preferencia polo "non foi posíbel + infinitivo" no canto de "non se +
> preterito".
> · As traducións "tradicionais"
> En realidade, en moitas cousas éntrase máis na parte de glosario que na de
> estilo.
> --
> Best regards
> MV
>