2008/4/5 <[email protected]>:
> Por min pradiante, claro. Por ir facendo propostas xa:
>
> Cómo veríades o seguinte: unha xornada, na que houbera unha mesa redonda
> onde se amosen distintas experiéncias de localización e pola tarde unha
> sesión de traballo intensiva onde nos vexamos as caras todos/as e
> poidamos facer posta en común, identificar obstáculos e atopar solucións
> ou polo menos pergeñar algunha estratexia para ilas atopando entre
> todos?
O de vernos as caras igual axuda algo á moral: o de ver que non estás
só e todo iso...
> Penso nunha idea en plan que a primeira parte sexa máis institucional
> (se cadra invitando a xente doutras CCAA onde haxa experiéncias de
> localización, tipo euskadi, valéncia, cataluña e tal, se cadra
> portugal/brasil...) e pola tarde movida máis 'interna' tipo o do xgn
> pero con máis tempo e algo de medios.
>
> Pero vaia, que é só unha proposta, vós diredes.
Habería que ver como se fai noutros sitios e ver que é o que falla ou
é mellorable, e tamén que é o que funciona. O da XGN ía ser unha
charla/presentación e ó final acabou como acabou. Iso pasa porque se
apuntou pouca xente. Pero a idea disto é intentar repetir iso, non a
presentación senón máis ben a charla, para discutir as cousas. Ou así
entendo eu como debería ser, ainda que sempre son benvidas as opinións
dos demais.
Ata logo,
Leandro Regueiro