Seguindo co fío do encontro:

Se queremos aproveitar os recursos que poidamos fornecer dende mancomún, 
pola miña parte vexo clara unha data: o finde do 10 de maio. Básicamente
por que é un finde, non hai pontes e cadra co aniversario de mancomún.

Deste xeito resultaríanos menos complicado xustificar os gastos que poidamos
ter, e dende logo obteríades unha moi boa visibilidade social. Dende
logo iso impón unha limitación: a dimensión do evento non debería exceder o
que razonabelmente poidamos organizar no prazo dun mes.

Non sei se esto cadra coa vosa perspectiva. Se vedes que sí, o bó
sería avisar no resto de listas para que ninguén se sinta excluído e
todo o mundo poida participar.

Saúde,

Leandro Regueiro escrebeu:
> 2008/4/5 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
> > Adiante.
> >  Cumpre, institucionalmente, convidar a Albert Astals Cid, aacid, o
> >  sobrecoordinador da tradución en kde, que acodiu á primeira guademy, e
> >  ademáis a Pedro Morais, da equipa portuguesa de KDE (o interesante
> >  deste é que entre dúas persoas son capaces de manter ao 100% de xeito
> >  permanente a tradución das 100.000 cadeas que conforman este proxecto,
> >  cousa que nengún outro idioma consegue, aínda con potencialmente máis
> >  voluntarios.
> 
> Supoño que xa tocará ir falando de datas e lugares, se é que a xente
> se apunta. Contade comigo a non ser por exames ou traballos.
> 
> >  Polo demais, vai sendo hora de ir pondo cousas en común. Non é
> >  sustentábel ter tantísimos grupos para a mao de obra que se dá
> >  xuntado. Tampouco axuda o cheiro a terra queimada.
> 
> Terra queimada?? Sí, xa vai sendo hora de coordinar isto dunha vez. O
> ideal sería montar un único sitio de tradución, pero sobre iso haberá
> moito que falar.
> 
> Ata logo,
>                    Leandro Regueiro

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org        
Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>

Responderlle a