2008/4/5 mvillarino <[email protected]>:
> Adiante.
> Cumpre, institucionalmente, convidar a Albert Astals Cid, aacid, o
> sobrecoordinador da tradución en kde, que acodiu á primeira guademy, e
> ademáis a Pedro Morais, da equipa portuguesa de KDE (o interesante
> deste é que entre dúas persoas son capaces de manter ao 100% de xeito
> permanente a tradución das 100.000 cadeas que conforman este proxecto,
> cousa que nengún outro idioma consegue, aínda con potencialmente máis
> voluntarios.
Supoño que xa tocará ir falando de datas e lugares, se é que a xente
se apunta. Contade comigo a non ser por exames ou traballos.
> Polo demais, vai sendo hora de ir pondo cousas en común. Non é
> sustentábel ter tantísimos grupos para a mao de obra que se dá
> xuntado. Tampouco axuda o cheiro a terra queimada.
Terra queimada?? Sí, xa vai sendo hora de coordinar isto dunha vez. O
ideal sería montar un único sitio de tradución, pero sobre iso haberá
moito que falar.
Ata logo,
Leandro Regueiro