Ola:
Estou totalmente de acordo en consensuar a norma de estilo con
ciberirmandade. Por min perfecto, penso que nisto canto mais unidade millor.
saúdos
mvillarino escribiu:
@ KDE: non vos fiedes das estatísticas en l10n.kde.org para 4.1 ... segundo a
miña copia local, estamos no 82-83%, xunto a piques de tocarlle o carallo ao
equipo do castellano (e a astals cid, de paso).
@xeral: A ver, estou a dar un paseo polas normas de estilo, e caín na das
ciberirmandades.
Podería alguén con conta aló pedírlles, da miña parte, que repasen o texto en
http://www.ciberirmandade.org/dokucif/doku.php?id=traducion_libroestilo&DokuWiki=47d52323fc718ae28bd9419e845db156
no sentilo de escrebelo seguindo a mesma norma de estilo proposta nese sito?
Xa postos, podíamos pensar en chegar a consensuar unha norma de estilo entre
ca cif e trasno.
Persoalmente, atopo dificultades con esa norma nos seguintes termos:
· Procura mellor que Busca ou Pesquisa. (Tendo a usar procura para todos,
excepto para bases de dados, nos que uso pesquisar/pesquisa, para o acto en
si e para o sql, e consulta/pesquisa para o resultado obtido)ñ
· Largura/largo mellor que Ancho.
· Listaxe mellor que Lista.
E en:
· Preferencia polo tratamento informal (eu son moi de vosa mercé, xa
m'entendesponto com)
· Preferencia polo "non foi posíbel + infinitivo" no canto de "non se +
preterito".
· As traducións "tradicionais"
En realidade, en moitas cousas éntrase máis na parte de glosario que na de
estilo.