---------- Forwarded message ----------
From: mvillarino <mvillar...@gmail.com>
List-Post: proxecto@trasno.net
Date: Sat, 5 Apr 2008 15:12:40 +0200
Subject: Re: Varios
To: Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>

Adiante.
Cumpre, institucionalmente, convidar a Albert Astals Cid, aacid, o
sobrecoordinador da tradución en kde, que acodiu á primeira guademy, e
ademáis a Pedro Morais, da equipa portuguesa de KDE (o interesante
deste é que entre dúas persoas son capaces de manter ao 100% de xeito
permanente a tradución das 100.000 cadeas que conforman este proxecto,
cousa que nengún outro idioma consegue, aínda con potencialmente máis
voluntarios.

Polo demais, vai sendo hora de ir pondo cousas en común. Non é
sustentábel ter tantísimos grupos para a mao de obra que se dá
xuntado. Tampouco axuda o cheiro a terra queimada.

El 5/04/08, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> escribió:
> 2008/4/5  <suso.bale...@xunta.es>:
> > Por min pradiante, claro. Por ir facendo propostas xa:
> >
> >  Cómo veríades o seguinte: unha xornada, na que houbera unha mesa redonda
> >  onde se amosen distintas experiéncias de localización e pola tarde unha
> >  sesión de traballo intensiva onde nos vexamos as caras todos/as e
> >  poidamos facer posta en común, identificar obstáculos e atopar solucións
> >  ou polo menos pergeñar algunha estratexia para ilas atopando entre
> >  todos?
>
> O de vernos as caras igual axuda algo á moral: o de ver que non estás
> só e todo iso...
>
> >  Penso nunha idea en plan que a primeira parte sexa máis institucional
> >  (se cadra invitando a xente doutras CCAA onde haxa experiéncias de
> >  localización, tipo euskadi, valéncia, cataluña e tal, se cadra
> >  portugal/brasil...) e pola tarde movida máis 'interna' tipo o do xgn
> >  pero con máis tempo e algo de medios.
> >
> >  Pero vaia, que é só unha proposta, vós diredes.
>
> Habería que ver como se fai noutros sitios e ver que é o que falla ou
> é mellorable, e tamén que é o que funciona. O da XGN ía ser unha
> charla/presentación e ó final acabou como acabou. Iso pasa porque se
> apuntou pouca xente. Pero a idea disto é intentar repetir iso, non a
> presentación senón máis ben a charla, para discutir as cousas. Ou así
> entendo eu como debería ser, ainda que sempre son benvidas as opinións
> dos demais.
>
> Ata logo,
>                       Leandro Regueiro
>

Responderlle a