Agora que o lembro, se se vai facer en serio esa reunión tamén
conviría contar con xente coma a do termigal...
Ata logo,
Leandro Regueiro
2008/4/5 mvillarino <[email protected]>:
>
> ---------- Forwarded message ----------
> From: mvillarino <[email protected]>
> Date: Sat, 5 Apr 2008 15:12:40 +0200
> Subject: Re: Varios
> To: Leandro Regueiro <[email protected]>
>
> Adiante.
> Cumpre, institucionalmente, convidar a Albert Astals Cid, aacid, o
> sobrecoordinador da tradución en kde, que acodiu á primeira guademy, e
> ademáis a Pedro Morais, da equipa portuguesa de KDE (o interesante
> deste é que entre dúas persoas son capaces de manter ao 100% de xeito
> permanente a tradución das 100.000 cadeas que conforman este proxecto,
> cousa que nengún outro idioma consegue, aínda con potencialmente máis
> voluntarios.
>
> Polo demais, vai sendo hora de ir pondo cousas en común. Non é
> sustentábel ter tantísimos grupos para a mao de obra que se dá
> xuntado. Tampouco axuda o cheiro a terra queimada.
>
> El 5/04/08, Leandro Regueiro <[email protected]> escribió:
> > 2008/4/5 <[email protected]>:
> > > Por min pradiante, claro. Por ir facendo propostas xa:
> > >
> > > Cómo veríades o seguinte: unha xornada, na que houbera unha mesa redonda
> > > onde se amosen distintas experiéncias de localización e pola tarde unha
> > > sesión de traballo intensiva onde nos vexamos as caras todos/as e
> > > poidamos facer posta en común, identificar obstáculos e atopar solucións
> > > ou polo menos pergeñar algunha estratexia para ilas atopando entre
> > > todos?
> >
> > O de vernos as caras igual axuda algo á moral: o de ver que non estás
> > só e todo iso...
> >
> > > Penso nunha idea en plan que a primeira parte sexa máis institucional
> > > (se cadra invitando a xente doutras CCAA onde haxa experiéncias de
> > > localización, tipo euskadi, valéncia, cataluña e tal, se cadra
> > > portugal/brasil...) e pola tarde movida máis 'interna' tipo o do xgn
> > > pero con máis tempo e algo de medios.
> > >
> > > Pero vaia, que é só unha proposta, vós diredes.
> >
> > Habería que ver como se fai noutros sitios e ver que é o que falla ou
> > é mellorable, e tamén que é o que funciona. O da XGN ía ser unha
> > charla/presentación e ó final acabou como acabou. Iso pasa porque se
> > apuntou pouca xente. Pero a idea disto é intentar repetir iso, non a
> > presentación senón máis ben a charla, para discutir as cousas. Ou así
> > entendo eu como debería ser, ainda que sempre son benvidas as opinións
> > dos demais.
> >
> > Ata logo,
> > Leandro Regueiro
> >
>
>
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to [email protected].
>