mvillarino escribiu:
Mock up: versión alternativa dun diálogo ou fiestra que serve de proba de
conceito de novas versións ou que dá unha ideia de como será a gui para unha
nova funcionalidade, pero que non é funcional.
Que tal "maqueta"? (Vale, pesadelo, tamén podemos pór "prototipo" :-P
maqueta:
1 s f Reprodución exacta feita en tamaño reducido dunha escultura,
edificio ou construción.
2 s f GRÁF Modelo dos distintos elementos que compoñen unha obra
debuxada ou escrita, que dá unha idea aproximada de como vai quedar unha
vez impresa.
prototipo:
1 s m Modelo orixinal ou primitivo dunha cousa.
2 s m Elemento que representa a todas as persoas ou obxectos do seu
xénero pola súa perfección.
No xerais aparece algunha mais.
Maqueta é a que mais axeitada me parece.