> mvillarino escribiu:
> > Mock up: versión alternativa dun diálogo ou fiestra que serve de proba de
> conceito de novas versións ou que dá unha ideia de como será a gui para unha
> nova funcionalidade, pero que non é funcional.
> >
> > Que tal "maqueta"? (Vale, pesadelo, tamén podemos pór "prototipo" :-P
> >
> >
> maqueta:
> 1 s f Reprodución exacta feita en tamaño reducido dunha escultura,
> edificio ou construción.
>
> 2 s f GRÁF Modelo dos distintos elementos que compoñen unha obra debuxada
> ou escrita, que dá unha idea aproximada de como vai quedar unha vez impresa.
>
> prototipo:
> 1 s m Modelo orixinal ou primitivo dunha cousa.
> 2 s m Elemento que representa a todas as persoas ou obxectos do seu xénero
> pola súa perfección.
>
> No xerais aparece algunha mais.
>
> Maqueta é a que mais axeitada me parece.
Vale tío, acábasnos de dar a razón a min e a Miguel. Un mockup é un
esbozo dalgo, por exemplo unha interface de usuario, polo que seguindo
as definicións escritas resulta que é un prototipo xa que a maqueta
está completa e o prototipo está incompleto e mal feito e a todo
correr.
Ata logo,
Leandro Regueiro