2008/5/12 Miguel Solla <brado...@gmail.com>:
> Ola
> Aproveito a ocasión para estrearme na lista e déixovos un enlace á páxina de
> wordreference
> http://www.wordreference.com/definition/mock%2Dup
> Nas traducións que ofrece, tanto en portugués coma en español, tira para a
> familia léxica de maqueta.
> Persoalmente paréceme máis axeitado 'maqueta' (ou 'bosquexo' se é unha
> simple presentación) que 'prototipo', porque este último transmite máis a
> idea dunha primeira elaboración dalgunha cousa que vai ter moitas rélicas
> iguais. De todos os xeitos descoñezo totalmente os contextos, así que...
> Aí vai a primeira mensaxe na lista, que sexa para máis.
> Apertas

Ola Miguel.
Seguimos sen saber quen vés sendo :) Por outra banda, está ben isto de
poñer [Dúbida] no comezo do título da mensaxe. É algo que deberiamos
facer, xa que así facilitaría que xente do mundo de terminoloxía
identifique a golpe de vista as mensaxes que lles interesan e
descartar as referentes a cousas internas de Trasno que igual non
veñen a conto.

Voltando ó tema do mock-up, non sei por que porfiades tanto en negarme
a razón :) Tan mal vos caín na xuntanza?

A ver, unha maqueta polo que entendo eu é algo xa rematado. Un
prototipo faise para probar ideas sobre como enfrontar o
desenvolvemento dun programa, ou para discutir cas persoas profanas
que solicitaron ese programa como vai ser a interface (botóns nos que
podes premer pero que non fan nada) e que despois se tira directamente
ó lixo recollendo só as ideas e impresións que é realmente o que
interesa. Eu o da maqueta véxoo máis coma o de arquitectura, algo
feito a escala para ver como é a versión final de algo. Un prototipo é
unha versión totalmente incompleta que despois se tira ó lixo xa que a
súa única finalidade é ver se se vai polo bo camiño e sacar ideas para
o desenvolvemento real. Non sei se me explico...

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a