2008/5/12 mvillarino <[email protected]>:
> O 12/05/08, Leandro Regueiro <[email protected]> escrebiu:
> > 2008/5/12 Miguel Solla <[email protected]>:
> > Ola Miguel.
> > Seguimos sen saber quen vés sendo :) Por outra banda, está ben isto de
> > poñer [Dúbida] no comezo do título da mensaxe. É algo que deberiamos
> > facer, xa que así facilitaría que xente do mundo de terminoloxía
> > identifique a golpe de vista as mensaxes que lles interesan e
> > descartar as referentes a cousas internas de Trasno que igual non
> > veñen a conto.
> >
> > Voltando ó tema do mock-up, non sei por que porfiades tanto en negarme
> > a razón :) Tan mal vos caín na xuntanza?
>
> Para que perguntas, se non ques saber a resposta?
:)
> > A ver, unha maqueta polo que entendo eu é algo xa rematado. Un
> > prototipo faise para probar ideas sobre como enfrontar o
> > desenvolvemento dun programa, ou para discutir cas persoas profanas
> > que solicitaron ese programa como vai ser a interface (botóns nos que
> > podes premer pero que non fan nada) e que despois se tira directamente
> > ó lixo recollendo só as ideas e impresións que é realmente o que
> > interesa. Eu o da maqueta véxoo máis coma o de arquitectura, algo
> > feito a escala para ver como é a versión final de algo. Un prototipo é
> > unha versión totalmente incompleta que despois se tira ó lixo xa que a
> > súa única finalidade é ver se se vai polo bo camiño e sacar ideas para
> > o desenvolvemento real. Non sei se me explico...
>
> A ver, que tanto ten, están as dúas no glosario, e o tempo dirá, aínda
> que ten trazas de que se imporá o neoloxismo: mock up
>
> A para continuar coa yihad esta que nos montamos, un caso que nos leva
> a contra a todos:
> Theme done to look like the original mockup
> Tema feito para semellarse á aparencia orixinal
> #: src/themes/context/Amarok-Mockup/metadata.desktop:3
> desktop_extragear-multimedia_amarok.po
Eu iso traduciriao: Tema creado para semellarse ó deseño orixinal ou
Tema deseñado para imitar ó deseño orixinal
Falando de temas penso que deseño axéitase máis ó concepto que se
quere representar...
Ata logo,
Leandro Regueiro