(contestación embaixo)

Leandro Regueiro escribiu:
 mvillarino escribiu:
Mock up: versión alternativa dun diálogo ou fiestra que serve de proba de
conceito de novas versións ou que dá unha ideia de como será a gui para unha
nova funcionalidade, pero que non é funcional.
Que tal "maqueta"? (Vale, pesadelo, tamén podemos pór "prototipo" :-P


 maqueta:
 1   s f   Reprodución exacta feita en tamaño reducido dunha escultura,
edificio ou construción.

 2 s f GRÁF Modelo dos distintos elementos que compoñen unha obra debuxada
ou escrita, que dá unha idea aproximada de como vai quedar unha vez impresa.

 prototipo:
 1   s m   Modelo orixinal ou primitivo dunha cousa.
 2 s m Elemento que representa a todas as persoas ou obxectos do seu xénero
pola súa perfección.

 No xerais aparece algunha mais.

 Maqueta é a que mais axeitada me parece.

Vale tío, acábasnos de dar a razón a min e a Miguel. Un mockup é un
esbozo dalgo, por exemplo unha interface de usuario, polo que seguindo
as definicións escritas resulta que é un prototipo xa que a maqueta
está completa e o prototipo está incompleto e mal feito e a todo
correr.


Pois non concordo, poñoche a definición do xerais, a de antes eran de digalego.com

Maqueta: 1.Reprodución en tañaño reducido dun edificio, monumento, construción, etc 2. Montaxe dos distintos compoñentes dunha publicación, que da a idea de como vai quedar unha vez impresa.

Prototipo: 1. Primeiro exemplar dunha cousa, que serve de modelo para facer outros iguais; arquetipo. 2. Persoa ou cousa que representa o modelo ou exemplar máis perfecto dunha virtude, vicio, calidade...; arquetipo. 3. Primeira máquina, instalación industrial, vehículo... que se constrúa para experimentar as súas calidades, facer as melloras necesarias para o seu perfeccionamento e resolver as súas imperfeccións. 4. Nome dado aos automóviles de competición de dúas prazas, totalmente equipados, e empregados en carreiras de resistencia.

---

En base a isto eu entendo que o prototipo está rematado e en probas mentres que a maqueta é algo que ten partes sen facer e non funcionais. Como o Mock up é so a gui sen a programación, é mais ben algo para ver e non para probar como é o caso do prototipo.
Por iso me decantei por maqueta non non por prototipo.

Responderlle a