2008/5/12 Miguel Solla <brado...@gmail.com>:
> Volvo enviar esta mensaxe á lista porque lla enviei sen querer a Leandro
> (cando lle dou a responder en gmail, non envía á lista senón ao particular,
> síntoo nunca me pasara noutras listas. Aínda ando á busca do ghamusino).
>
> Non será por unha coma que hai despois de proxecto@trasno.net,?

Non me fixara en que a mensaxe me chegara só a min, por iso lle
sorprendeu a Marce que apareceras así por aquí. Isto de darlle a
responder é culpa da configuración da lista de correo, se mal non
lembro. Procura a opción responder a todos (reply to all na versión en
inglés) do gmail e por se acaso revisa a quen lle estás enviando a
mensaxe realmente.

Por certo, a miña resposta tamén cha enviei só a ti. Así que tamén
metín a zoca e tereina que volver enviar...

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a