Leandro Regueiro escrebeu: > 4. Formación: transferencia > > Cuarto punto. Non teño nin idea de a que se refire Suso con isto. Algunha > idea?? >
Desculpas, foi cousa das presas. Referíame a 'transferencia do coñecemento'. Alguén falou de que era importante o tema da 'formación' para a xente nova que entre no mundillo da tradución -por que senón entran no entrans ou no que sexa e fan traducións que é peor revisalas que facelas de novo- e que o lóxico era que fora o voluntariado quen fixera a 'transferencia de coñecemento', e que mancomún correra cos gastos precisos (xestión, contratación, aluguer do local, desprazamentos e demais). Non sei si me aclarei agora.

