Leandro Regueiro escribiu:
Ola,
envío esta mensaxe para comezar o fío referente ó tema de cumprir os
nosos obxectivos coma comunidade marcados na xuntanza G11n. Houbo quen
falou de facer unha asociación. Haberá que discutir se isto nos ha
valer para algo máis que para recibir subvencións que poderian servir
para pagar un servidor, o dominio, e non sei que cousas mais...

Pego embaixo os obxectivos destacados no último documento remitido por
Susos Baleato:

1. Traducir, coordenar localización de proxectos de software libre
(agás os chungos)
está claro
2. Autoorganizarse, visibilizarse
>O segundo punto son dous, penso eu. O de autoorganizarse seria o
> referente á asociación ou algunha outra cousa? O de visibilizarse
> penso eu que inclúe facernos visibles e buscar novos tradutores ou a
> tradutores actuais que estean illados.

Con respecto á primeira parte, facerse asociación, haberá que ter en conta os trámites administrativos que implica isto (se pode que diga algo alguén que os coñeza eu non teño nin idea) mais que nada para que facer asociación non quite tempo de tradución. Tamén hai que ter en conta se nos interesa integrarnos e algunha outra que xa exista e sexa compatible cos obxectivos de trasno.

Con respecto ao da organización tamén habería que ver de integrar ao voluntariado que anda a traducir por libre e ver tamén as relacións con outras asociacións/grupos que se adican a traducir.


Con respecto ao de visibilizarse, vai no punto 4

3. Para terminoloxía: empregar 'consenso interno asesorado',
incorporándose aos recursos como lista USC-lex, servizo terminoloxia

O da terminoloxia xa o facemos. Fainos falta incorporarnos
individualmente a eses novos recursos, e que algúns de nós fagan de
ponte entre os dous proxectos. Alguén ten os enderezos das listas e
mailas páxinas??

Ao mellor sería interesante que houbese unha listaxe específica para isto na que estivesen todos os axentes implicados no tema (tradución de software)??


4. Formación: transferencia

Cuarto punto. Non teño nin idea de a que se refire Suso con isto. Algunha idea??
Penso que se refire en que podemos participar en algún curso de formación de novos tradutores, de aí o de transferir. Penso que se participamos nestes cursos, xornada, charla, relatorio... cumprimos coa labor formativa ademais de divulgativa.

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a