2008/5/14 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
> O Mércores, 14 de Maio de 2008, damufo  escribiu:
>> Perdoade a ignorancia neste tema, con respecto a estas memorias e o modo
>> de interactuar o "soporte loxico" non sería mellor que no canto de
>> consultar o servidor para cada termo se sincronizase a base de datos
>> cunha local cada certo tempo? Ao mellor xa é así como traballa, pero
>> como non teño nin idea de como vai iso comentoo.
> Iso é o que eu penso. Está ben poder pesquisar con xml-rpc, pero tamén debe
> existir a posibilidade de obter unha copia local da base de datos de
> tradución en formato tmx ou o que sexa, e do glosario en tbx ou o que sexa.

Haberá que falar cos desenvolvedores para ver se nolo fan, se é que
non está feito xa.

>> > Algo estilo Verbum??
> Máis ou menos, pero co detalle de que o "svn commit ....", cos comandos
> anteriores que faga falla para garantir que o que se entregue non cause
> problemas, automatizado (cron).

E isto supoño que esixirá scripts para comprobar que a cousa estea ben
(unha proba con msgfmt ou algo polo estilo)...

Ata logo,
                 Leandro Regueiro

Responderlle a