Estamos de formar ós novos tradutores, pero eu pensaba que Mancomun de
cando en cando tamén se ocuparía de formar dalgún xeito a estes novos
chegados e outros que xa están por aquí e que non teñen experiencia. A
todo isto, eu tampouco me considero un experto, simplemente teño máis
experiencia, o que non quita que meta a zoca ata o fondo de cando en
vez...
Xa me quedou claro ese punto. Pido perdón pola desorganización das
miñas "ideas". Supoño que terás para toda a tarde ou dous días. Por
certo, creo que xa vou atopando a algún deses tradutores "tapados".
Ata logo,
Leandro Regueiro
2008/5/12 <[email protected]>:
> Leandro Regueiro escrebeu:
>
> > 4. Formación: transferencia
> >
> > Cuarto punto. Non teño nin idea de a que se refire Suso con isto. Algunha
> idea??
> >
>
> Desculpas, foi cousa das presas. Referíame a 'transferencia do coñecemento'.
> Alguén falou de que era importante o tema da 'formación' para a xente nova
> que entre no mundillo da tradución -por que senón entran no entrans ou no que
> sexa e fan traducións que é peor revisalas que facelas de novo- e que o
> lóxico era que fora o voluntariado quen fixera a 'transferencia de
> coñecemento', e que mancomún correra cos gastos precisos (xestión,
> contratación, aluguer do local, desprazamentos e demais). Non sei si me
> aclarei agora.
>