2008/5/12 damufo <[email protected]>:
> Leandro Regueiro escribiu:
> > 2. Autoorganizarse, visibilizarse
> >
> >O segundo punto son dous, penso eu. O de autoorganizarse seria o
> > referente á asociación ou algunha outra cousa? O de visibilizarse
> > penso eu que inclúe facernos visibles e buscar novos tradutores ou a
> > tradutores actuais que estean illados.
>
> Con respecto á primeira parte, facerse asociación, haberá que ter en conta
> os trámites administrativos que implica isto (se pode que diga algo alguén
> que os coñeza eu non teño nin idea) mais que nada para que facer asociación
> non quite tempo de tradución. Tamén hai que ter en conta se nos interesa
> integrarnos e algunha outra que xa exista e sexa compatible cos obxectivos
> de trasno.
Certo. Que non quite tempo.
> Con respecto ao da organización tamén habería que ver de integrar ao
> voluntariado que anda a traducir por libre e ver tamén as relacións con
> outras asociacións/grupos que se adican a traducir.
>
> Con respecto ao de visibilizarse, vai no punto 4
Vale.
> > 3. Para terminoloxía: empregar 'consenso interno asesorado',
> > incorporándose aos recursos como lista USC-lex, servizo terminoloxia
> >
> > O da terminoloxia xa o facemos. Fainos falta incorporarnos
> > individualmente a eses novos recursos, e que algúns de nós fagan de
> > ponte entre os dous proxectos. Alguén ten os enderezos das listas e
> > mailas páxinas??
>
> Ao mellor sería interesante que houbese unha listaxe específica para isto
> na que estivesen todos os axentes implicados no tema (tradución de
> software)??
Home, ir creando listas por crealas... pasa o que pasou ca lista de
debian-l10n. Para terminoloxia, ainda que sexa informática xa está a
lista esta da que falou Xusto.
> > 4. Formación: transferencia
> > Cuarto punto. Non teño nin idea de a que se refire Suso con isto. Algunha
> idea??
> >
> Penso que se refire en que podemos participar en algún curso de formación
> de novos tradutores, de aí o de transferir. Penso que se participamos nestes
> cursos, xornada, charla, relatorio... cumprimos coa labor formativa ademais
> de divulgativa.
Será iso. Nisto Trasno pode participar, ademais de Mancomun e pode que
ata as empresas.
Ata logo,
Leandro Regueiro