Leandro Regueiro escribiu:
2008/5/13 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
O Martes, 13 de Maio de 2008, Leandro Regueiro escribiu:
Eu tampouco entendo o das outras asociacións, pero isto mencionouno
alguén, non eu. Supoño que foi cando se falou do papeleo, que igual
seria mellor integrarnos nunha estructura que o fixera por nós, que
somos voluntarios non escravos da administración...
Pois si, así foi, iso saiu cando falamos fora, o domingo. O principal
argumento a favor de non iniciar unha nova asociación é evitar o lío do
papeleo.
De cara a integrarse con outra asociación, sairon as ciberirmandades porque
eles teñen unha área de tradución, e hai xente de trasno con boas
experiencias con eles.
Eu vexo máis doado e rápido xuntar o traducif con trasno nun único portal,
administrado á vez por tarrío e pola xente das cif, que forneza wiki +
repositorio + glosario + base de datos de tradución + interface
administrativa + editor de ficheiros po + contas shell.


Tarrío igual quere deixalo nas túas mans :)

- Wiki: si
- Repositorio: de que??
- Glosario: e logo non se integra no de Mancomún ou no buscatermos se se libera?
- Base de datos de tradución: por isto entendo un servidor de TM, e
logo o de Mancomún?
- Interface administrativa: para administrar que?

- Editor de ficheiros po: por isto entendo un Pootle, supoño que
habería que tirar a fusionar isto co de Mancomún, pero igual os de
Ao mellor sería bo que houbese varios sitios co pootle, non teño nin idea de que será mellor, se ter un unico ou varios supoño que será cousa se ver vantaxes e inconvintes. No caso de montar nos un poida que Felipe nos poida axudar. comento isto porque supoño que o pootle tirará dunhas memorias de tradución, se temos varios sitios habería que telas sincronizadas dalgunha maneira, non?

Traducif queren manter o seu propio...
Isto xa che confirmo que si.

- Contas shell: ???
Sempre é interesante

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a