>>>>>> - Glosario: e logo non se integra no de Mancomún ou no buscatermos se
>>>>>> se
>>>>>> libera?
>>>>>
>>>>> Os glosarios wiki teñen un problema: son wiki. Ferramentas como o
>>>>> Lokalize empregan un formato algo diferente, é preciso poder obtelos
>>>>> de xeito que se podan empregar desde as ferramentas coas que se
>>>>> traduza.
>>>>
>>>> Servidor TBX. Estase falando de se montar algo estilo wiki para
>>>> debater termos. Pero o servidor TBX só tería propostas aceptadas, con
>>>> xml-rpc para programas e interface web para consultas (coma o
>>>> buscatermos).
>>>
>>> Perdoade a ignorancia neste tema, con respecto a estas memorias e o modo
>>> de
>>> interactuar o "soporte loxico" non sería mellor que no canto de consultar
>>> o
>>> servidor para cada termo se sincronizase a base de datos cunha local cada
>>> certo tempo? Ao mellor xa é así como traballa, pero como non teño nin
>>> idea
>>> de como vai iso comentoo.
>>
>> Isto sería un aspecto a implementar nos programas de escritorio, que
>> non ten nada que ver co que estamos a discutir. Pero si que é
>> interesante para aquelas persoas sen un acceso constante á Internet
>> (ainda que Juan Rafael dixera que agora todos temos acceso isto non é
>> verdade), e tamén para acelerar as consultas. Pedídello ós
>> desenvolvedores do voso programa de tradución de escritorio se é que
>> non o teñen implementado xa...
>
> Eu refírome a isto sobre todo por cuestións de velocidade precisamente por
> iso. Para min, por exemplo, o open-tran  é o fallo que ten, a lentitude.

Tendo en conta que o servidor no que está non debe ser para botar
foguetes e que ten que buscar en milleiros de cadeas, para min vai
bastante rápido.

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a