Por partes:
[XFCE]
@Leandro: Un amiguete oferecéuseme para axudar con xfce. Teño que pasarlle 
información estes días. Póñoo en contacto contigo ou envíasme un "Prontuario 
do tradutor de xfce"?
Para estes casos podíamos elaborar un "Curso de iniciación á tradución de 
software libre en 10 minutos", en vídeo :-D

[KDE]
A ver, acabo de enviar unha serie de ficheiros para a documentación. Inclúe a 
documentación de lokalize e outras cousas. Son tomadas de cando me puxera a 
traducir a documentación, aló a finais de 2006, polo que ao refundir moitos 
ficheiros puxéronse en incompletos e non compilan a documentacion, clarostá!. 
Hai de kdesdk, koffice e kdeedu, ademais de pequenas cousas de kdebase-*, en 
particular a guía visual (nomes de widgets frecuentes).
Que a que ven isto? Pois a que o ideal é que aquela persoa que traduza un 
módulo traduza tamén a documentación, garanto que é moi boa cousa para 
mellorar a calidade __semántica__ das traducións.

Nota: Se alguén ten algo de traballo feito, e quere entregalo, pode enviarmo a 
min, a este mesmo correo.

Ea, a estudar, que falta vos fai.

Responderlle a