Ola de novo Miguel,
Hai un tempo comentei este asunto no IRC de Pootle, e Friedel (un dos
desenvolvedores principais) recomendoume que non se traducise a
documentación porque agora mesmo non está actualizada e vai sufrir
cambios importantes (de feito podes comprobar que non está activada a
tradución da documentación para o galego). Pola contra, insistiu en que
se traducise a terminoloxía [1], xa que se usa para facer suxestións
durante as traducións doutras aplicacións.
Tamén está habilitada en Pootle a tradución ao galego do Freemind, do
TuxGuitar e o Art_of_Illusion, dentro do proxecto Decathlon [2].
Un saúdo!
Felipe.
[1] http://pootle.locamotion.org/gl/terminology
[2] http://translate.sourceforge.net/wiki/decathlon/mainpage
P.S.: Copio o correo á lista de Trasno, xa que me dá a impresión de que
antes me mandaches só a min a resposta por erro.
Miguel Solla wrote:
> Moitas grazas, Felipe
> Outra preguntiña,
> como veriades que se traducise ao galego a documentación do translate
> toolkit e do pootle que hai no seu sitio web?
> Dígoo polas recomendacións de Juan Rafael e porque se, finalmente,
> mancomún adopta esta plataforma, sería compatible coas instalacións
> locais de tradutores.
> Pensades que é unha perda de tempo porque quen queira documentarse
> pode facelo en inglés ou que paga a pena?
>
> 2008/6/3 Felipe Gil Castiñeira <[email protected]
> <mailto:[email protected]>>:
>
> [...]
> >> Pode alguén explicar basicamente que é isto da Rosetta e o
> >> Launchpad, por que aparece no contorno de tradución un enlace a
> canonical,
> >> por que tardan tanto en actualizar as traducións? Xa sei que
> todo cristo
> >> anda enleado, pero tampouco corre apuro.
> [...]
>
> Cóntoche: polo que vexo, Blueman utiliza Launchpad como ferramenta
> oficial de tradución e polo tanto as traducións feitas na
> ferramenta web
> xa pasan directamente ao programa (nese sentido non é preciso que
> mandes
> o .po, xa que a túa tradución xa debería estar incluída na versión
> oficial).
>
> "Launchpad Translations" (que antes se chamaba Rosetta) é a ferramenta
> web que creou Canonical para traducir Ubuntu, pero tamén está
> dispoñible
> para que calquera proxecto a utilice para as súas traducións (é o caso
> de Blueman).
>
> O tema da actualización das traducións depende dos desenvolvedores de
> Blueman. Supoño que periodicamente incluirán as traducións nas
> versións
> que poñen dispoñibles para a súa descarga: o retardo débese ao período
> co que realizan esta integración.
>
> Saúdos!
> Felipe.
>
>