2008/6/2 marce <mvillar...@gmail.com>:
> Por partes:
> [XFCE]
> @Leandro: Un amiguete oferecéuseme para axudar con xfce. Teño que pasarlle
> información estes días. Póñoo en contacto contigo ou envíasme un "Prontuario
> do tradutor de xfce"?
> Para estes casos podíamos elaborar un "Curso de iniciación á tradución de
> software libre en 10 minutos", en vídeo :-D

Como ben sabemos todos os estudantes están en plena época de exames e
de prácticas, así que como son estudante, agora mesmo non é que teña
excesivo tempo para enredar ca tradución nestes precisos momentos.
Pero para manter a antiga tradición dos trasnegos, que non sabemos a
cantos centos de anos se remonta exactamente este costume, estou
perdendo o tempo mirando como habería que facer para traducir o Xfce.
Hai información no wiki de Xfce, pero puxéronse a elo e deixaron o
traballo sen rematar hai un ano ou dous. Se finalmente me poño, que
creo que si, hei refacer esa wiki, e hei poñer unha copia dela en
galego na wiki de Trasno, pero todo isto ha ser despois dos exames,
aló cara o día 20, que será tamén cando retome as traducións nas que
estou, comezando por openSuse, que deixamos ainda moi abaixo.

Pero se queres podeslle dicir que se poña en contacto comigo e que se
poña agora, ainda que o método de tradución dos de xfce é un pouco
raro... A miña idea é empezar de cero a tradución, xa que penso que se
emporcou demasiado cas traducións de Rosetta.

Respecto do do vídeo estou totalmente de acordo. Habería que mirar
eses programas tipo istanbul a ver que tal rulan, e facer un vídeo
coma aqueles que facian os de novell para desmostrar as capacidades de
suse no referente a compositing e que aparecian a miúdo en youtube.
Supoño que isto se podería facer despois de discutir rápidamente que é
o que se deberia incluir. E falando do tema este, para cando a
tradfest esa??

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a