O Venres 13 Xuño 2008 22:39, Miguel Branco escribiu: > > Miguel Branco escrebeu: Olá, mira que me chincha ter que dicir isto, pero es máis claro nas túas explicacións que eu nas miñas, non habías dar mal voceiro! Recapitulemos pois:
> E non estou dicindo con isto que non sexa lexítimo que as empresas vivan do > software libre, que creo que iso debe ser posibel. Isto xa foi falado, ao vivo, e estábamos todos de acordo, sendo a diferenza de ver en todo caso o xeito de entrar a participar as empresas no proceso. > > > Si, sempre que poidades, todo ese material (po's, txm's...) por > > > 'moralidade' é xusto que se comparta. Home, na medida na que os programas son software libre, e os ficheiros pot e po sexan parte do proxecto, siloxismo vai, siloxismo ven, os ficheiros po tamén son de libre distribución. Considero máis importantes os traballos derivados deses ficheiros, e concretamente aquelo que afecta ás revisións futuras dese programa, a outros programas que se vaian usar xunto con ese, e á transferencia da función de tradución a outro actante. Por non liarme xa o sábado pola maña: podo facerme un corpus local apartir dos ficheiros numha patada. O que non podo facer son o glosario e a guía de estilo. E tendo en conta que xa hai traballos feitos, tanto os de Trasno como os de Mancomún, como os das CIF, o seu é empregar algún deses traballos como referencia e notificar inconsistencias, deficiencias, etc. En xeral, estas resolveranse despois de terminar a tradución, pero non é algo circunvalábel. > certo, pero é que, i.e.; 'sobre de' e 'acerca de' son filolóxicamente > válidas ambas, pero en determinados aspectos non é desexable a polisemia > porque pode crear confusión así que nalgún momento dado hai que decidir. > Pero mira, Suso, isto é un problema inherente a calquera tradución. Nunca > xamais vai ser perfecta. Eu de vós, os que esteades co FF, intentaría ser > coherente nos menús contextuais, moi especialmente, e acosénllovos non > diferír moito das 'regras' que se aplicaron en GNOME, especialmente (FF é > de facto o navegador predeterminado de GNOME). Logo, outras cuestións > podense ir pulindo a posteriori. > > > eso é como poñerse a correxir un sudoku > > antes de terminalo, non ten ningún sentido. bueno sí, pode ter sentido > > cando só hai unha persona que traduce, pero obviamente nin ese é o caso, > > nin creo que sexa ese o caso desexabel para establecer pautas para o > > traballo conxunto. correxídeme se me equivoco, claro. > Vaia, eu cando resolvo un sudoku, aplico o mesmo procedimento/algoritmo que cando o corrixo: reviso por liña/coluna/bloque que non haxa repeticións. No caso de non poder decidir nese momento, anoto a lapis en pequeno as posibilidades. A medio prazo, se estas cousas dubidosas non foron publicitadas, non se saberá delas (como se xose onte non perguntase que é un OR'ed number, ou o imagehose de miguel ou o touchpad de daniel, ou este mesmo, acerca de se é posíbel trocar a tradución de Edit por Modificar no canto de Editar, ou o de charcell que me atopei aló atrás), e haí é onde comezamos a perder horas de traballo. Ten unha vantaxe isto de darlle publicidade (léase perguntar): como hai máis proxectos de tradución, posibelmente outra xente xa teña tomada unha decisión ou teña escollido unha opción que non é plenamente satisfactoria, e que non teñan rexistrado non seu momento por non tela considerado de interese xeral. Neste caso, dáselle/nos a posibilidade de corrixir as traducións. Máis nada, estou perto do meu límite de profundidade de fío de conversa. -- Best regards, MV

